|
Apareceches na miña vida coma un cabaleiro
medieval salvándome dun golpe seguro. Recordo que
estabamos nun local e acababa de empezar unha pelexa e
o primeiro empuxón foi dar xustamente na miña cabeza,
cando un brazo descoñecido me despois en tantos e tantos
momentos agradables e dignos de recordar.
Un
dos dous sentimentos máis profundos que coñece a miña
alma e o da.
Amistade
(o outro sentimento, negativo por certo, non ven ó caso),
esa Amistade que entrega sen querer recibir nada a cambio,
que sempre está aí cando se precisa , esa.
Amistade
que sempre se ispe coa palabra adecuada...
Sempres
estiveches disposto a dar todo iso.
Nunca
me faltou o calor da túa presencia cando me fixo falta.
Recordo unha vez no que a miña situación laboral cambiou
e todo o mundo se desfacía en felicitacións e mostras
de ledicia. Só ti intuiches que algo non ía ben, soubeches
ve-lo meu medo ante unha situación nova e uns compañeiros
de traballo descoñecidos, e foches quen de sentarme diante
dun café hasta que me convenceches de que o tempo remataría
con esa situación de inseguridade e todo marcharía ben.
Non te equivocaches, así foi.Pero oílo naquel momento
foi como un bálsamo.
Esto
é o que máis me sorprende da túa personalidade, esa intuición
para detectar cando algo non vai ben. Aínda que non sabes
moito da historia da miña vida, tes unha facilidade especial
para intuir cando estou nun momento baixo, e sempre acudes
mostrándome o teu apoio incondicional para ese problema
que ocupa os rincóns da miña mente, sen necesidade de
saber de qué se trata. O teu brazo sempre me apoiou sen
preguntas.
Por
outro lado, que sería das nosas noites de xolda sen ti,
querido amigo. Eres un trouleiro incansable, sempre disposto
a apuntarse a un bombardeo se fora necesario. Se as nosas
noites de fin de semana tiveran que escenificarse nunha
obra de teatro desas dos gregos, ti serías o vento da
vida, ese vento que che refresca nun día de calor cando
estas na praia, ese vento que che trae os perfumes máis
frescos, ese vento que che da na cara e che fai recordar
a fermosa sensación de estar vivo.
Eres
o cabaleiro incansable, capaz de tumbarnos a todos e seguir
bailando ó ritmo duna canción dos Rolling como se o reloxio
do vello alfareiro non fixese estragos no teu ánimo coma
nos nosos. Tocan as 6 de mán en tódolos nosos reloxios
menos no teu. No teu son sempre as dúas da mañán, esa
hora nas que as charlas aínda son agradables y os corpos
empezan a moverse contaxiados pola música dos locais.
Cando xa todos estamos abatidos, ti aínda segues bailando
aquela magnífica canción de Mike Jagger que, por moitos
anos que pasen, sempre me recordará a ti, e mírasnos con
cara de desprecio unhas veces, con cara de burla outras,
porque nadie é capaz de seguirte.
Pero
a túa vida social non só é extensiva á noite. Recordo
moitos cafés agradables algún domingo pola tarde, falando
de moitas cousas e de nada á vez, algún día de praia no
que nos temos divertido, burrada tras burrada, coma se
fosemos nenos.
Esta
é a miña impresión de ti, querido compañeiro de noites,
cafés e concertos, de impresións e de palabras necesarias
nos momentos baixos. Non podería despedirme de ti , sen
recalcarche algún defectiño, máis que nada para que non
penses que che ando a face-la rosca: Eres unha das persoas
máis despistadas que coñezo, e para que te acordes de
algo realmente importante é necesario enche-lo teu teléfono
de mensaxes e chamadas; ás veces é un pouco difícil falar
contigo, porque cando colles carreira non paras de falar
e non atendes a explicacións, dándome a impresión de que
non me estás escoitando...
Pero
todo isto queda eclipsado por ese corazonciño enorme ó
que tan ben sabes sacarlle partido.
Onde
queira que estiveras antes de coñecerte, NON VOLVAS.
|