|
Con data do 25 de setembro de 2007,
o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica
a adxudicación do contrato do Parque Eólico
Singular da Laracha, concedida por parte do Concello
a “Eolicia Energía Renovable S.L.”.
O contrato recolle un canon fixo
de 60.000 euros por ano e un canon variable do 18%
da facturación neta anual do parque eólico.
Como datos a salientar, o Parque
Eólico Singular da Laracha estará
situado no Monte de Lendo, na parroquia do mesmo
nome, a unha altitude de 290 metros. Instalarase
un xerador dunha potencia de 1,6 megavatios, co
que se prevé unha producción de 4.616
megavatios por ano.
O investimento total a realizar
ascende a 2.136.257,08 . A duración
do contrato é de 25 anos e o prazo de execución
será de seis meses desde a obtención
da autorización administrativa.
A empresa adxudicataria levará
a cabo, ademais, os Plans de Xestión Enerxética
Sostible e de Consumo Responsable no Concello da
Laracha.
O “Obradoiro de Emprego Laracha
III” comezou esta semana a traballar nas obras de
mellora da Praza do Concello.
As actuacións a levar a cabo
consisten na demolición da soleira existente
na marxe dereita da Casa Consistorial para, posteriormente,
realizar a construción dun paseo perimetral
pavimentado en granito, o acondicionamento dunha
zona axardinada que contará con tres sendas
de lousa, tamén de granito –e que respectará
á maioría das árbores e plantas
xa existentes no lugar- e a creación dunha
escalinata de entrada desde a Avenida Finisterre.
Ademais, unificaranse as dúas áreas
da praza retirando o peche.
O orzamento total para esta obra
ascende aos 60.000 euros.
O “Obradoiro de Emprego Laracha
III” completará en poucos días os
seus primeiros tres meses de labor. Neste tempo,
os 48 alumnos-traballadores –dirixidos por un grupo
de docentes e un equipo de apoio composto por once
profesionais-, ademais de comezar as obras da mellora
da Praza do Concello, ten practicamente rematada
a construcion do local social no campo municipal
de Porta Santa (Paiosaco) e os traballos que están
a realizar no centro Sociocultural de Santa Lucía
e xa superan notablemente o 50% do remate da obra
do Paseo Fluvial de Gabenlle e da Praza do Igrexario
de Lemaio.
Neste Obradoiro, que ten doce meses
de duración, están tamén incluídas
as obras de acondicionamento dos medios da Casa
Rectoral de Golmar –onde se situará o Centro
de Interpretación da Ruta dos Muíñols
da Costa da Morte- e do Mosteiro de Soandres.
O alcalde do Concello da Laracha,
José Manuel López Varela, xunto a
Ramón Martínez, tenente alcalde, e
Jesús Souto, Concelleiro de Urbanismo e Obras,
mantivo esta mañá, no Salón
de Plenos da Casa Consistorial, unha reunión
co Director Xeral de Gas Directo, Luis Mur Marín,
que estivo acompañado por Antonio Rubio,
responsable de desenrolo, e Ángel Bajo, del
área técnica.
O motivo da visita ao Concello da
Laracha dos altos cargos de Gas Directo foi manter
unha reunión cos responsables do goberno
a efectos de avaliar as actuacións que leva
realizadas esta empresa na canalización de
gas no concello aplicada á área industrial
e aos núcleos urbanos da Laracha e Paiosaco
e para comentar as futuras ampliacións nestas
dúas zonas de poboación.
O Concello cualifica este servizo
como moi satisfactorio xa que forma parte da tarefa
de modernización que se está a levar
a cabo no municipio, co que se está a lograr
que A Laracha sexa moito máis atraínte
para os seus veciños e para aquelas persoas
que andan á procura dun lugar onde situar
a súa residencia.
Os responsables de Gas Directo indicaron
que a resposta por parte do Concello está
cumprindo as expectativas. A rede instalada alcanza
os cinco quilómetros de canalización
e supera xa a barreira das 300 conexións
de gas.
O Concello da Laracha colabora co
proxecto “Cinemas Dixitais”, creado pola Consellería
de Cultura e Deporte, a través da Dirección
Xeral de Creación e Difusión Cultural
en colaboración có IGAEM. Este proxecto
encamíñase a facer difusión
de obras audiovisuais non comerciais ao longo da
xeografía galega a través da súa
exhibición dixital, á maneira do cinema
tradicional.
Deste xeito, o Concello da Laracha pon a disposición
para tal fin a Casa da Cultura, na que, desde o
6 de outubro e ao longo de oito semanas, proxectarase
cada sábado, ás 19.00 horas, un telefilme
en galego con entrada libre para todos os veciños.
A relación de películas e datas que
se pasarán neste ciclo na Casa da Cultura
do Concello da Laracha é:
- 6 de outubro: “O
partido”
- 13 de outubro:
“Mentíndolle á vida”
- 20 de outubro:
“Autopsia”
- 27 de outubro:
“A biblioteca da iguana”
- 3 de novembro:
“Sara”
- 10 de novembro:
“Pataghorobi”
- 17 de novembro:
“Secuestrados en Xeorxia”
- 24 de novembro:
“Máis ca irmáns”
Este venres, día 28 de setembro,
celebrarase unha reunión á que poden
acudir todos os interesados en participar no XII
Campionato de Fútbol Sala Senior “Concello
da Laracha”.
A xuntanza será na segunda
planta da Casa da Cultura ás 21.00 horas.
Este mércores, día
26 de setembro de 2007, celebrouse a Sesión
Ordinaria do Pleno do Concello da Laracha. Principou
ás 13.30 horas e se prolongou ata as 16.00
horas.
No Pleno aprobáronse todos
os puntos da Orde do Día, entre os que cabe
salientar:
- Fixación dos días
5 de febreiro (martes de Entroido) e do 8 de setembro
(Día dos Milagres) como festivos locais para
o ano 2008
- Subida anual do IPC (1,9 %) nas
Ordenanzas Fiscais.
- Aprobada a alteración dos
límites porcentuais do artigo 174 do texto
refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais para
o financiamento en dúas anualidades (2007
e 2008) da obra “Centro Socio-Cultural en Porta
Santa (Paiosaco)”.
As actuacións previstas no
Plan de Obras e Servizos (POS) 2007 do Concello
da Laracha avanzan a un moi bo ritmo e a estas alturas
xa se completou máis do 80 por cento do Plan,
que contempla un total de 23 actuacións repartidas
en sete proxectos. Nun breve espazo de tempo hanse
comezar a executar as tres obras que restan, previstas
nas parroquias de Montemaior e Soandres
Tamén se levan a un alto
ritmo as obras do Plan de Cooperación Provincial,
no que se inclúen as actuacións que
se están levando a cabo na rúa Plácido
Pedreira (Torás). Dentro deste plan xa se
remataron as actuacións no Camiño
de Vilaño Vello e foi iniciado o proxecto
de pavimentación, saneamento e abastecemento
de auga de Barreira a Riotorto. En breve traballarase
no proxecto de pavimentación de beirarrúas
e recollida de augas pluviais na rúa Buenos
Aires, que é a que leva ao colexio Otero
Pedrayo. Continuarase, para rematar, coa pavimentación
da 1ª, 2ª e 3ª Travesías Eusebio
Bértoa e da pista que vai desde o núcleo
da Pedreira a Caión.
Os dous plans supoñen unha
inversión superior aos 700.000 euros.
A Comisión Informativa de
Facenda e Especial de Contas reuniuse este venres
para tratar os asuntos que irán a Pleno deste
mércores, día 26 de setembro, entre
os que destaca o establecemento do financiamento
para a construción do Centro Sociocultural
de Paiosaco.
Cómpre apuntar que o Concello
da Laracha xa solicitou as axudas ás diferentes
administracións, pero aínda non houbo
resposta. Isto é un claro exemplo de que
as obras xa estaban previstas hai tempo polo goberno
municipal.
Dentro da anualidade de 2007 se
acordará a contratación desta obra
e xa hai unha partida de 100.000 euros nos orzamentos
deste exercicio destinada a ese proxecto, que no
seu día o Concello tivo que replantexarse
e tomar os acordos necesarios coa Xunta de Galicia
para non perder os cartos da subvención e
destinalos a outras melloras nas infraestruturas
municipais. Agora o Concello da Laracha xa ten adquiridos
os terreos onde vai estar situado o edificio –dúas
parcelas de 400 metros cada unha, ao que hai que
sumarlle outra que xa era de propiedade municipal,
duns 700 metros, para facer un total de 1.500 metros
cadrados de terreo- e xa realizou o proxecto, no
que se prevé un investimento por contrata
de 688.870 euros, cantidade á que se debe
engadir a redacción do proxecto e dirección
de obra, polo que a inversión total prevista
está próxima aos 800.000 euros -cifra
sensiblemente superior aos 360.000 euros que se
ían destinar no primeiro proxecto-.
Trátase dunha forte aposta
por parte do goberno municipal que, consciente da
proxección e crecemento da zona, levantará
un edificio de corte vangardista que dará
resposta ás necesidades que presenten os
veciños agora e tamén nun futuro.
O centro sociocultural terá dúas plantas.
A baixa constará dun amplo salón de
usos múltiples, camerinos, vestiarios, sala
de audiovisuais, vestíbulo, almacén
e ascensor. A planta alta albergará a aula
social, dúas aulas multiusos, biblioteca,
ludoteca e aula de informática con conexión
wifi. Desde o Concello adxudicaremos as obras en
breve para que comecen dentro desta anualidade.
O Concello da Laracha convoca aos
pais, nais ou titores legais para informarlles sobre
o servizo educativo “Preescolar na Casa”, programa
gratuíto de formación dirixido a familias
con nenos ou nenas de idades comprendidas entre
os 0 e os 3 anos.
“Preescolar na Casa” márcase
como obxectivo que os pais e nais sexan os auténticos
protagonistas na educación dos seus fillos
e que estes desenvolvan as súas capacidades
no seo familiar. As actividades propostas son prácticas
propias da vida diaria e, para levalas a cabo, a
mestra-orientadora realizará unha serie de
reunións.
Todos os interesados en obter máis
información sobre o programa “Preescolar
na Casa” deberán acudir a:
- Escola das Rañeiras (Lestón). Martes
2 de Outubro, ás 11.00 horas.
- Escola no Igrexario de Montemaior.
Mércores 3 de Outubro, ás 11.00 horas.
O Concello da Laracha informa aos
seus veciños da apertura do prazo de presentación
de solicitudes para as “axudas e subvencións
para o acceso das mulleres á cotitularidade
de explotacións agrarias como fórmula
de integración laboral da muller e estímulo
ás mulleres emprendedoras de Galicia” que
convoca o Servizo Galego de Promoción da
Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo
de carácter administrativo, adscrito á
Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia
da Igualdade e do Benestar.
As bases reguladoras recollen que
as beneficiarias desta axuda poderán ser
as mulleres desempregadas que acceden á cotitularidade
dunha explotación agraria e se anotan no
Rexistro de Explotacións Agrarias da Consellería
del Medio Rural e causan alta na Seguridade Social
e as mulleres que, en situación de alta na
Seguridade Social, no réxime especial agrario
por conta propia ou no de autónomas, acceden
por primeira vez á cotitularidade da explotación
agraria en que traballan e se anotan no Rexistro
de Explotacións Agrarias da Consellería
do Medio Rural.
As axudas consistirán nunha
prima, por unha soa vez por explotación e
beneficiaria, de 2.000 euros pola inscrición
das solicitantes como cotitulares no Rexistro de
Explotacións Agrarias da Consellería
de Medio Rural. A subvención é compatible
con outros programas elaborados polas administracións
públicas agás que se trate de subvencións
do mesmo tipo, concepto e finalidade.
Entre a documentación requirida
inclúese un compromiso expreso de mantemento
da cotitularidade durante cinco anos asinado polos
dous cotitulares.
O prazo para a presentación
de solicitudes permanecerá aberto ata o 20
de novembro deste ano.
Para máis información,
dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do
Concello da Laracha.
A Xunta de Goberno Local do Concello
da Laracha, reunida este mediodía, adxudicou
as obras para o “Acondicionamento e Mellora da Seguridade
Viaria no Medio do Recinto Feiral de Paiosaco” por
un importe de 59.892,06 . O prazo de execución
das obras é de dous meses. Con esta actuación
o goberno municipal continúa coa súa
liña de impulso e reforzo á feira
de Paiosaco, unha das máis importantes de
Galicia e que vai gañando adeptos día
a día.
Adxudicáronse tamén
as obras de “Accesos e Outras Melloras na Praia
de Caión”, que alcanzan un importe de 43.621,92
. Este proxecto recolle a construción
dunha escaleira que dará acceso ao areal
directamente desde a explanada do monumento do Paseo
Marítimo, co que se evitará que as
persoas que queiran acceder á praia desde
a Praza teñan que facer todo o percorrido
ata o final do Paseo. Tamén se mellorará
a zona do aparcadoiro e farase á instalación
da canalización para o abastecemento de auga
ás duchas. O Concello leva a cabo estas actuacións
consciente da cada vez máis importante afluencia
da xente á praia de Caión, que dada
a súa calidade conta co distintivo de Bandeira
Azul.
A Comisión acordou solicitar
a Augas de Galicia a subvención para o financiamento
completo das obras de “Rede de Abastecemento de
Auga” (por un importe de 167.735 euros) e de “Rede
de Saneamento”, (por un importe de 1.095.122 ).
A ampliación da rede de abastecemento
de auga beneficiará ás parroquias
de Lemaio (núcleos da Estrada, Proame e Quenxe),
Lendo (núcleos da Fontenla, Bragunde, O Cruceiro
e O Retorno) e Vilaño (núcleos de
Amboade e Marfulo).
A ampliación da rede de saneamento
afectará ás parroquias de Caión
(núcleos de Campo da Costa e Outeiro), Coiro
(Ferrulleira e Novás), Erboedo (Igrexario,
Sampaio e Reirís), Lemaio (núcleos
da Estrada, Proame e Quenxe), Lendo (A Fontenla,
Bragunde e O Retorno), Lestón (A Rabadeira,
O Igrexario e As Rañeiras), Montemaior (Comiáns
e Igrexario), Soandres (Villamir), Torás
(Leborís) e Vilaño (Marfulo).
Estas importantes melloras veñen
a continuar cun dos principais compromisos do Concello
da Laracha: levar a rede de saneamento e de abastecemento
de augas á totalidade dos núcleos
urbanos do municipio
En canto ás licencias urbanísticas,
aprobáronse dez maiores –entre as que se
inclúen a construcción de 48 vivendas:
dúas unifamiliares e tres en bloque (8, 15
e 23 vivendas) cos seus respectivos baixos comerciais
e prazas de garaxe- e vinteseis menores.
No punto de Actividades Clasificadas,
tratouse o Informe –que se remitirá á
Consellería de Medio Ambiente- para a apertura
dun local comercial para cafetería.
No que atinxe ás certificacións
de obras, aprobouse a número 7 da Gardería
e a segunda e última da renovación
da rede de abastecemento, saneamento e recollida
de augas pluviais no Rueiro das Figueiras de Caión
por un importe total de 37.000 .
Por último, aprobáronse
un expediente de axuda a domicilio e facturas por
un importe aproximado de 80.000 referentes
a transporte adaptado, axuda a domicilio, Sogama,
mantemento de iluminación pública,
redacción de proxectos....
O pasado 31 de agosto rematou o
prazo de presentación de solicitudes para
a concesión das subvencións a concellos
para resolver o problema da infravivenda rural que
oferta a Consellería de Vivenda da Xunta
de Galicia e que ten coma fin facilitar o acceso
a unha vivenda digna a persoas con baixo nivel de
ingresos.
Desde o Concello da Laracha valoramos
positivamente este programa, que xa estaba en funcionamento
co anterior goberno da Xunta de Galicia con el Partido
Popular e do cal xa se beneficiaron en anos anteriores
varias familias do municipio, e agardamos que as
solicitudes que se tramitaron nesta convocatoria
sexan atendidas por parte da Consellería
de Vivenda xa que algunha das presentadas en 2006
foron denegadas. Cómpre, ademais, lembrar
que Concello da Laracha ten un compromiso de achega
do 20 por cen do custo das obras, como xa se veu
facendo ata o de agora.
O departamento de Servizos Sociais
do Concello da Laracha quere mostrar o seu apoio
ao proxecto da iniciativa comunitaria “Equal Convive
+” na celebración da Xornada-Obradoiro “Migración
e Creación de Empresas: Unha Contribución
ao Cambio Social”, que se celebrará no Centro
Universitario de Riazor, na Coruña, o 9 e
o 10 de outubro.
O proxecto está dirixido
aos colectivos de emigrantes retornados e inmigrantes
e márcase como fin o fomento da creación
de empresas entre as persoas emigrantes retornadas
e inmigrantes que residen nas provincias da Coruña
e Pontevedra. Os alumnos recibirán formación
teórica e práctica para, posteriormente,
realizar un plan de empresa, tendo a posibilidade
de solicitar un microcrédito para poñer
en marcha a súa idea empresarial.
A Xornada-Obradoiro principiará
o martes día 9 de outubro ás 9.30
horas coa Inauguración, a cargo do Subdirector
Xeral de Planificación das Políticas
de Retorno e da Inmigración, D. Julio Mirás
Amor, e rematará o mércores día
10, ás 13.50, co acto de Clausura a cargo
do Reitor da Universidade da Coruña, D. José
María Barja.
Máis información no
Departamento de Servizos Sociais do Concello da
Laracha ou na web:
http://www.galiciaaberta.com/portal/site/galiciaAberta/menuitem.02f888f97445eb712ae08397f03900a0/
Este venres, día 21 de setembro,
reunirase a Xunta de Goberno Local do Concello.
Na Comisión está prevista a adxudicación
das obras de acondicionamento e mellora da seguridade
viaria no recinto feiral de Paiosaco e da mellora
dos accesos e o medio da praia de Caión.
Como xa se dixera na nosa páxina
oficial do municipio o 31 de agosto deste ano, o
Concello da Laracha ten prevista e aprobada –e mañá
estará adxudicada- a realización das
obras para o acondicionamento e mellora da seguridade
viaria no recinto feiral de Paiosaco e o seu medio
co fin de facilitar a actividade que se realiza
no lugar, cunha importante presenza de público,
no primeiro e o terceiro domingo de cada mes.
No proxecto se recollen diferentes
melloras, entre as que destacan a sinalización
horizontal (pintado) e vertical de toda a travesía
da Avenida Bergantiños, a pavimentación
da estrada con aglomerado asfáltico e a construcción
de novos tramos de beirarrúa. As obras están
financiadas polo Concello da Laracha e a Consellería
de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
Agárdase que os traballos estean rematados
antes de que finalice o ano.
A Xunta de Goberno Local tamén
ten provista a adxudicación das obras para
a mellora dos accesos e do medio da praia de Caión,
traballos que se iniciarán en breve agora
que rematou a época estival e que non suporá
molestia para ningún veciño ou visitante.
Este proxecto recolle a construción dunha
escaleira que dará acceso ao areal directamente
desde a explanada do monumento do Paseo Marítimo,
co que se evitará que as persoas que queiran
acceder á praia desde a Praza teñan
que facer todo o percorrido ata o final do Paseo.
Tamén se mellorará a zona do aparcadoiro
e farase á instalación da canalización
para o abastecemento de auga ás duchas.
O orzamento para a execución
das obras ascende a 43.621,92 Euros .
O pasado martes día 18 de
setembro rematou o prazo de solicitudes para “subvencións
a fondo perdido para a rehabilitación e renovación
de calidade das vivendas no medio rural e conxuntos
históricos de Galicia” convocada pola Consellería
de Vivenda e Solo e publicada no DOG o día
18 de xuño deste ano.
O Concello da Laracha prestou durante
eses tres meses a todos os veciños interesados
información e asesoramento técnico
e xestionou ata 40 solicitudes de subvención.
Desde o Concello da Laracha agardamos
que, agora, a Consellería de Vivenda e Solo
da Xunta de Galicia atenda a maior cantidade posible
de solicitudes saídas do noso municipio.
Este venres, día 21 de setembro,
situarase na rúa Manuel Murguía e
en horario de 09.00 a 13.30 horas pola mañá
e de 15.30 a 18.00 horas pola tarde, unha Unidade
Móbil da Inspección Técnica
de Maquinaria Agrícola para dar servizo a
todos os veciños do Concello da Laracha.
Asignarase a hora de atención
ao público directamente na unidade móbil
ou pode solicitarse cita previa chamando ao teléfono
609 10 67 23.
Este Luns, 17 de setembro, ábrese
o prazo de inscrición para as arredor de
40 actividades culturais, deportivas e de ocio que
oferta para o Curso 2007-2008 o Concello da Laracha.
Os interesados deben dirixirse á Casa Consistorial
do municipio en horario de oficina.
Coa súa ampla oferta, o Concello
da Laracha pretende, como en anos anteriores, dar
alternativas a todos os seus veciños para
que optimicen as súas horas de tempo libre.
Nestas actividades teñen cabida todas as
persoas interesadas, sexa cal sexa a súa
idade ou sexo.
A lista de actividades e cursos
ofertados é:
Actividades Culturais.
- Cociña
- Encaixe de Palillos
- Informática
- Inglés
- Traballos Manuais
- Olería
- Patchwork (Retacería)
- Pintura ao Óleo
- Restauración
- Tapicería
Obradoiros:
- Arte Floral
- Coiro
- Fotografía
- Maquinista de Confección Industrial
- Mecanografía
- Presentación e Empaquetado de Regalos
- Teatro
Actividades Deportivas.
- Aeróbic
- Bailes de Salón
- Baloncesto
- Fútbol Sala
- Patinaxe
- Tiro con Arco
- Xadrez
- Ximnasia de Base
- Ximnasia de Mantemento
- Xogos con Elementos
- Encontros Escolas Deportivas
Actividades de Ocio e Recreación.
- Asistencia a Eventos Deportivos
- Asistencia a Partidos do Hockey Club Coinasa Liceo
da Coruña
- Día do Deporte na Rúa
- Exhibición de Artes Marciais
- Patinaxe Sobre Xeo
- Rutas de Sendeirismo
- Xornadas de Atletismo en Pavillón Cuberto
- Xornada de Aventura (rappel, tirolina, escalada...)
- Xornada de Deportes e Xogos Tradicionais
O posto de Socorrismo e Salvamento
de Caión deixará de funcionar este
sábado, día 15 de setembro, despois
de tres meses a pleno rendemento. O grupo estivo
formado ao longo de todo o verán por catro
socorristas e un ATS que prestaron os seus servizos
tanto na praia das Salseiras –con Bandeira Azul-
como do resto do arenal de Caión.
Desde o pasado 15 de xuño,
data na que comenzaron o seu traballo, deron “atención
de botiquín” a, aproximadamente, cen persoas
con picaduras, feridas, mareos ou mesmo algunha
lesión dos participantes no Torneo de Fútbol
Praia.
Destacan principalmente dúas
actuacións perigosas que tiveron que levar
a cabo: o complicado rescate dun home de 28 anos
estaba a ser arrastrado pola corrente –a mediados
de xullo- e o remolque dunha moto acuática
que quedara calada –finais de xuño-.
No próximo verán,
co regreso do bo tempo, a praia das Salseiras de
Caión volverá a dispoñer deste
servizo de Socorrismo e Salvamento.
Despois da solicitude feita polo
Concello da Laracha e a posterior autorización
por parte de Portos de Galicia, este organismo fixo
entrega hoxe dun local no porto de Caión
para a instalación do material das Bases
Náuticas.
Este local ten unha superficie de
55,40 metros cadrados e estará destinado
ao almacenaxe de material, o que permitirá
que o Concello da Laracha teña, para tal
fin, unha instalación fixa, con todos os
servizos de saneamento, abastecemento de auga e
suministro eléctrico, co que se acadará
unha mellor calidade para ofrecer os servizos das
Bases Náuticas.
El próximo martes día
11 de septiembre comienza el Curso de Atención
a Personas Dependientes –destinado a mujeres desempleadas
o inactivas – después de la selección
de las 20 alumnas de entre todas las solicitudes
presentadas en el Ayuntamiento de A Laracha.
El curso está financiado
por el Ayuntamiento de A Laracha, el Fondo Social
Europeo y el Servizo Galego de Igualdade y tiene
como objetivo capacitar a las alumnas de los conocimientos
básicos para la atención domiciliaria
y cuidado de personas enfermas, ancianas o con cualquier
tipo de dependencia.
Las clases se impartirán
en la Casa da Cultura del Ayuntamiento de A Laracha.
El curso constará de 200 horas. Comenzará
el 11 de septiembre y finalizará el 14 de
noviembre. El horario lectivo será de 9.00
a 13.30 horas.
Asimismo, desde el Ayuntamiento
de A Laracha informamos de inicio, este miércoles
día 12 de septiembre, del Curso de Informática
Básica Para Mujeres de Golmar. Tendrá
veinte horas de duración, se impartirá
en el Centro Sociocultural de Golmar, situado en
el lugar de Lamas, y está dirigido a toda
aquellas mujeres, sin conocimientos previos de informática
o con conocimientos muy básicos, que se deseen
familiarizar con el manejo de un ordenador, elemento
tecnológico que cada día cobra más
importancia en las sociedades.
Estos cursos de Informática
ya han tenido lugar en otras parroquias del Ayuntamiento
de A Laracha, como Lestón, Montemaior, Lendo
y Cabovilaño, donde contó con una
gran acogida por parte del público femenino
de esas parroquias y dejó en las cerca de
80 asistentes un alto grado de satisfacción.
El Ayuntamiento de A Laracha recuerda
a todas las interesadas que continúa abierto
el plazo de inscripción para los Cursos de
Informática Básica Para Mujeres que
tendrán lugar, aún sin fecha de inicio
confirmada, en Caión, Soandres, Erboedo y
Coiro.
Desde el Ayuntamiento de A Laracha
recordamos que está abierto el plazo de inscripción
para apuntarse a la actividad de Marcha Ciclista
A Laracha – Caión, que tendrá lugar
el próximo domingo día 16 de septiembre.
La salida, prevista para las 11.00
de la mañana, se situará en la Plaza
del Ayuntamiento de A Laracha y la meta en la Plaza
Eduardo Vila Fano de Caión. Para el regreso
el Ayuntamiento de A Laracha pondrá a disposición
de los participantes transporte gratuíto
para ciclistas y bicicletas.
En la sesión ordinaria de
la Junta de Gobierno Local del Ayuntamiento de A
Laracha celebrada en el mediodía del viernes
7 de septiembre destacó el quinto punto del
orden del día, en el que se trató
el expediente de adjudicación de concesión
de obra pública “Parque Eólico Singular
de A Laracha”. La Comisión propone para la
adjudicación a la empresa “Eolicia, Energía
Renovable S.L.” en base a la propuesta de la mesa
de contratación del Ayuntamiento. El canon
a satisfacer a esta empresa se descompone en un
fijo de 60.000 euros y un variable del 18% de los
beneficios.
En cuanto a las licencias urbanísticas,
se aprobaron dos mayores (una para un edificio de
19 viviendas y otra para una vivienda unifamiliar)
y 36 menores. Se aprobó, también,
en el apartado de actividades clasificadas, la obra
e instalación de un taller mecánico
en Maseo (Coiro).
Se aprobó la solicitud de
subvención –por un importe de 22.684,03 euros-
a la Consellería de Traballo para la contratación
de agentes de empleo y desarrollo local en el ámbito
de la colaboración con las entidades locales.
En lo que se refiere a los Servicios
Sociales, fueron aprobados tres expedientes de solicitud
de Servicio de Ayuda a Domicilio.
El Ayuntamiento de A Laracha continúa
colaborando activamente con el Centro de Transfusión
de Galicia. Tras el paso por la capital municipal
de la campaña de donación de este
verano, que tiene por lema “Síntente Mellor.
Comparte Saúde… Doa Sangue”, ahora llegará
a otras dos localidades de nuestro territorio.
En Paiosaco se situará una
unidad móvil en el Campo de la Feria el viernes
día 21 de septiembre, entre las 16.00 y las
21.00 horas.
A Caión llegará el
día siguiente, el sábado 22 de septiembre.
La unidad móvil permanecerá en la
Plaza desde las 10.00 hasta las 15.00 horas.
Mediante esta iniciativa, que se
está desenvolviendo en este verano en más
de 200 ayuntamientos, se pretende mejorar la información
sobre este acto altruista. En las jornadas previas
a la visita de la unidad móvil del Centro
de Transfusión de Galicia, el Ayuntamiento
de A Laracha remitirá a sus vecinos y vecinas
una tarjeta informativa junto a una carta del alcalde,
José Manuel López Varela, en la que
se hará un llamamiento a su participación.
El Ayuntamiento de A Laracha y el
Centro de Transfusión de Galicia muestran
su agradecimiento a todos los vecinos que participan
cada año en las campañas de donación
de sangre y permiten, de esta forma, que muchos
enfermos recuperen su salud.
En el año 2006 el Ayuntamiento
de A Laracha registró un total de 530 donaciones,
un 5% más que en el año anterior,
y se situó en el primer puesto de la Comarca
de Bergantiños en cuanto al índice
de donaciones, alcanzando las 50 por cada mil habitantes
y año, superando incluso lo recomendado por
la Organización Mundial da Saúde.
El objetivo del Ayuntamiento de
A Laracha en esta campaña de verano de 2007
es mantener ese nivel de participación para
que nuestro municipio sea uno de los más
solidarios de toda Galicia.
El Ayuntamiento de A Laracha informa
del cambio de horario de la Ludoteca, situada en el
Edificio de Servicios Múltiples. A partir del
día 12 del presente mes de septiembre, y debido
al comienzo del nuevo curso escolar, tendrá
horario de tarde y permanecerá abierta de lunes
a viernes entre las 16.00 y las 20.00 horas.
La Ludoteca Municipal es un servicio
de apoyo a las familias del Ayuntamiento de A Laracha
totalmente gratuito para los usuarios. Durante la
época estival, en la que abría sus
puertas en horario de mañana, tuvo una media
diaria de unos cuarenta usuarios, cifra muy elevada
y que indica la importancia y gran acogida que este
aula tiene en A Laracha.
|