Agregar a favoritos                  

Podedes visualizar a web desde o dominio: www.laracha.com

   

Tiochucho

· ¿Quen é?
· Chucherías
· Cursos Intensivos
· Colaboracións
· El Gran TEST. a3
· Estar en Forma
· Traductor de Idiomas
· Dicionario
· Dominios (Compra/Venta)
· Descarga POWER POINTS

Tropa de Esponxiformes

· Acta Fundacional
· Historias da Tropa
· Rutas da Tropa
· Fotomatóns
· CAnSADOS
· ALBUM de Fotos

A-Laracha

· Principal
· Descripción Xeográfica
· Aspectos Históricos
· Información Turistica
· Como Chegar
· Aloxamentos
· Restaurantes/Cafés
· Festividades
· Tempo de Lecer
· Deportes
· Empresas
· Praias do Concello
· Teléfonos do Concello
· Noticias de A Laracha
· ... por parroquias
· Sitios de Interese
· Cultural
· De movida

· Encuesta de A Laracha

· Servicio Información
· Links
· WEBCAM
· Tablón de anuncios
· TURISMO RURAL
· Teléfonos de Interés
· Colaborar ou Suxerir
· FORO: a-laracha.com
· Ver Libro Visitas
· Firmar Libro Visitas

Ocio e entretenemento

· BAJATE tu SOFTWARE
· Catálogos de Móviles
· Logos Móviles
· SMS Móviles
· Amigos e Relacións
· Telebuzóns
· Para Adultos (XXX)
· Para Adultos (light)
· KomoMola

 

 

 

Programación de los cines gallegos

 Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

 

 

 
Apuntes y Trabajos

 

 

 

 A Coruña Virtual

 Speakeasy Speed Test

 

O Curruncho de "Iddhra" (3)

TRAXEDIA DO PRESTIGE

 

 

A BOCA DO INFERNO

O Prestige foi construido no ano 1976 cunhas medidas de 243,50 metros de eslora e 34,40 metros de ancho. O día 13 de Novembro atopábase aproximadamente a 28 millas de Fisterra tras zarpar dun porto de Letonia ó mando do capitán grego Apostolus Magouras e con vintasete tripulantes en total, na súa mayoría mariñeiros filipinos. A pesar de ser un buque monocasco de 26 anos de idade, levaba unha carga de 77.000 toneladas de fuel. O seu destino era para case todos Xibraltar, para os ingleses era Singapur e alguén , nun intento de conciliar versións dixo que ía rumbo Singapur con escala en Xibraltar. Todos estaban trabucados, o seu destino era moi diferente.
As primeiras informacións dos medios de comunicación apuntaban a que o noso protagonista tiña armadores gregos, estaba rexistrado por unha compañía de Liberia e a carga que transportaba era dunha empesa con base en Suiza. A todo este barullo de nacionalidades hay que sumarlle que o barco levaba o que se chama bandeira de conveniencia, neste caso das Illas Bahamas.O beneficio do que gozan este tipo de barcos abandeirados de conveniencia é básicamente que as normas que aplican son as do país do que levan a bandeira, polo que se soen escoller países que non teñen suscritos convenios internacionais en mateira naval, o que fai que as medidas de seguridade esixidas sexan mínimas. Outras ventaxas deste tipo de bandeiras son que esconden paraísos fiscais moi ventaxosos para a empresa propietaria do buque.
O Prestige lanzou un SOS a 28 millas de Fisterra. O buque tiña unha vía de auga que puido ser provocada por unha pérdida de carga, presumiblemente troncos que foron contra o casco, ou simplemente polo desgaste do barco. Esta vía foi a que provocou que se dese a voz de alarma. Esa mesma tarde foron rescatados tódolos tripulantes excepto o capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas, mandatarios do buque. No primeiro día, o barco soltou unhas 3.000 toneladas de fuel nas nosas augas. As autoridades competentes na materia dispuxeron que non era conveniente que o barco se achegase a unha ría ou a un porto para vaciarlle a carga, polo risco medioambiental que isto supuña. Así que decidiron, dende logo non guiados pola lóxica, envia-lo barco que cuspía inferno a 120 millas da costa, para evitar unha catástrofe. Tres remolcadores e unha fragata foron os encargados de facer de vixías do Prestige na súa derradeira viaxe. Os remolcadores non son capaces de facerse con el ata o día 14. Ata ese momento e debido ó temporal o barco navegou á deriva ata situarse a menos a menos dun kilómetro da costa, aínda que as autoridades falen de que se atopaba a 5 millas de terra. Neste día o barco é desplazado e incluso consegue acende-los seus motores auxiliares, feito que posiblemente provocase máis tarde que se abrise unha brecha de máis de 40 metros no navío, o que forzou o desastre. Tras desaloxa-los últimos tripulantes que aínda quedaban a bordo, o Prestige segue o seu camiño cara o suroeste. Mentres autoridades marítimas e políticos nosos e alleos xogaban a "afundi-la flota" dende os sillóns dos seus despachos, a 16 de Novembro o primerio vertido chegaba ás nosas praias estrondosamente acompañado polo temporal. Este mesmo día dábanse por afectados 190 Kms de costa.
O sábado 16 no serán, o ouro negro estaba xa nas praias de Bergantiños, cun ulido que secaba o gorxa e enloitaba a alma. Este "preciado tesouro" é realmente o que se da en chamar Fuel Oil M-100 (un preparado de 90% de fuel e 10% de gasóleo) que ten por características unha densidade e viscosidade elevada, non se evapora fácilmente nin se dispersa, aínda que si se mistura coa auga salgada formando unha espesa pasta. Ademáis ten un alto contido de hidrocarburos aromáticos e xofre que poden ser altamente tóxicos. Unha lindeza.
Esa mesma noite faise o posible por salva-la riqueza ecolóxica das marismas de Baldaio, construindo un muro de contención con pedra que impedise a entrada do fue
l nas marismas. O domingo pola mañá, o muro estaba impregnado de fuel, mentres a auga saía por debaixo buscando o mar (co risco evidente de que as augas da ría se dulcificasen, facendo imposible a vida da maoría das especies)
O martes 19 pola mañán, o barco parte en dous rompendo tres tanques de fuel e atopando, por fin, o destino no que ninguén se poñía dacordo. Vaise sumerxindo lentamente mentres todo o mundo respira tranquilo: o petróleo no fondo do mar a punto de solidificarse, o barco fóra do alcance dos medios de comunicación e total, unhas manchiñas de nada que estaban a espallarse pola costa...un par de meses, unha considerable carteira de subvencións e todo esquecido. Contra "toda previsión" o navío convértese nunha brecha aberta do inferno, que non fai máis que cuspir destrucción que as correntes e os ventos se encargan de arrastrar ás costas. Así chega a terra a segunda marea negra, momento no que contamos con máis de 30.000 toneladas de fuel fóra do casco do barco
Mentres todo esto acontecía, os homes de sillón esfórzanse en negar que Galicia estea a sufrir unha marea negra; só asulagan as nosas costas unhas manchas dispersas e negras.
O inferno do Prestige. Nos pobos de mar só hai desolación. As almas das xentes son retrato do horror e da desesperación. A pesar do consello dos homes de sillón de rezar ós santos, seis accidentes marítimos en trinta anos fan que desconfiemos do sistema. Os nosos mariñeiros sí que aprenderon a lección que ós outros se lles pasou por alto. Foi a desesperación e o medo, foi a necesidade de loitar por ter futuro, foron as ganas de non ter que traballar nunca máis as terras alleas os que aviventaron a imaxinación dos mariñeiros, dos pescadores, da xente solidaria...Desta loita sen medida para impedi-lo avance da marea negra, saíron os inventos máis diversos, fabricados baixo a dirección das curtidas mans da xente do mar e froito de días longos e noites sen durmir. Usáronse aparellos de bateas para apaña-lo fuel, palas, trueiros, construíronse barreiras con bidóns forrados de redes...e esas mans, desesperadas por volver a traballar, foron as que conseguiron frea-la entrada do inferno nas Rías Baixas durante a segunda marea negra.. Mentres tanto,os nosos homes de sillón,non sabían facer máis que nega-la existencia do inferno, tentando quitarlle ferro ó asunto, controlando a información nas cadeas públicas de televisión, mostrando imaxes de tranquilidade que foron un insulto par a xente que loitaba día e noite mentres estaban a ver como o seu medio de vida desaparecía. E...¿onde estaban os nosos homes de sillón expertos en medio Ambiente? ¿Quizais escudriñando deseperados nos seus apuntes de facultade buscando esa solución de fórmula matemática? ¿Quizais tomando un café lamentándose de este Nadal non será como todos, sen marisco, "ya ves tú"? ¿Onde estaban os homes de sillón cando a xente pedía con verdadeira angustia non xa que ninguén lles quitase o traballo de enriba, senón que lles desen os medios necesarios (equipos e formación para o voluntariado, barreiras anticontaminación, organización, un plan de emerxencia...) para facelo con eficacia, que alguén lles botase unha man para poder seguir vivindo do seu traballo? Foron como aqueles que supós os teus amigos: cando os precisas non están.
Os medios ó alcance dos interesados foron máis ben escasos. Hai un teléfono a disposición dos voluntarios no que se informaba que non se precisaba persoal, que estaba desbordados mentres, por exemplo, nas praias da nosa comarca a fuel secaba sen que ningúen botase man delas. O noso pobo está angustiado, o material chega a contagotas, a xente do mar sae a pescar fuel sen ningún tipo de protección, xorden desmaios, parte por agotamento, parte pola inhalación dos gases do fuel. Como caídas do ceo chegan unhas subvencións relámpago que novamente deixan ós homes de sillón en evidencia: se demostramos que o mecanismo administrativo pode ir máis rápido, ¿por qué esperar tanto tempo a paga-las axudas do Mar Exeo?
O mesmo tempo que as praias se enchen de voluntarios e de pescadores de fuel xorden todo tipo de movementos sociais como a plataforma Nunca Máis, agrupación que nace respaldada por partidos políticos, sindicatos, asociacións de mariscadores, grupos ecoloxistas...poñendo en marcha, co seu manifesto de intencións, un gran movemento social levantado pola indignación de que accidentes remediables asolaguen unha e outra vez as nosas costas.
Dende o ano 1970 vertéronse nas costas galegas un preto de 280.000 toneladas de contaminante (Polyconmander, Urquiola, Andros Patria e Mar Egeo), fronte as 105.000 no resto da península (Xibraltar, Tarragona, La Palmas, Rota...), datos que falan por si mesmos.
No manifesto Nunca Máis pídese a declaración de Galicia como zona catastrófica (condición que nos daría dereito a a recursos de todo tipo), a posta en marcha de mecanismos de prevención que impidan o avance da catástrofe, a adopción de medidas para que non volvan a suceder feitos deste tipo (un accidente marítimo cada dez anos non é un feito puntual e precísase invertir nun alto control marítimo, en barcos anticontaminación en un plan de emerxencia eficaz), solidaridade para Galicia considerando o inferno como una desatre nacional ó tempo que se denuncia a ineficacia das medidas preventivas e reclaman a dimisión das autoridades responsables de tanta desfeita. Queda todo resumido en dúas palabras, que teñen tanto significado que parece unha soa: NUNCA MÁIS
O día 1 de Decembro xuntouse en Santiago a mayor concentración desde que no ano 1977 400.000 almas se manifestaran a favor da autonomía de Galicia. A medida que a xente chegaba á Praza do Obradoiro, outra moita aínda non conseguira saír do punto de partida. Cada participante estaba alí para berra-lo seu particular NUNCA MÁIS:. Nunca Máis fame, Nunca Máis abandono, Nunca Máis desolación, Nunca Máis desastre ecolóxico, Nunca Máis morte de especies protexidas, Nunca Máis emigración, Nunca Máis morte, Nunca Máis horror...Nunca Máis Inferno.
No Obradoiro, o escritor Manuel Rivas leu, por dúas veces, una representación de tódolos Nunca Máis unidos. Comenza o escrito facendo referencia á "forza do pobo", que fai posible afrontar esta situación de emerxencia, ó mesmo tempo que denunciaba o "secuestro de información"sufrida dende o momento no que temos coñecemento da cercanía do Prestige das nosas costas. Recalcando
tódolos puntos do manifesto Nunca Máis fía cunha especial mención a "Débeda histórica" que ten a Comunidade Europea con Galicia. Remata a lectura cunha frase
rotunda: "que se escoite onde se teña que escoitar"
E destacable tamén a existencia da "Plataforma contra a Burla Negra", composta por xentes da cultura que comenzou a ser coñecida ante o opinión pública polo encerro que protagonizaron en Laxe como protesta polos feitos que aconteceron a raíz do accidente do Prestige. Sumáronse a Nunca máis no berro colectivo do 1 de Decembro e posteriormente colaboraron na celebración de varias manifestacións e concentracións, concertos e outros actos destinados a mostra-la "forza do pobo" da que falara Rivas.
Nunca saberemos o que tería acontecido de desvia-lo petroleiro a unha ría ou a un porto e vacia-lo seu contido. Nunca saberemos o que tería sucedido de estar gobernados por outra ideoloxía política. Nunca saberemos se esta foi a mellor solución. Pero non importa. Non podemos entrar na máquina do tempo e probar outra posibilidade por ver como tería resultado. Pero unha vez que xa estamos a sufrir un desastre ecolóxico, económico e social, precisamos solucións, non promesas nin falsas mensaxes de tranquilidade. Non penso, de tódalas maneiras, que nestes momentos lles deamos de comer ós mariñeiros coa dimisión de ninguén: non precisamos cabezas, precisamos solucións, veñan de onde veñan. Xa chegará o momento de esixir responsabilidades. Todo ó seu tempo.
Agora imos pola terceira marea negra. Non só están afectadas as costas galegas, senón que se extende por Asturias, Cantabria e País Vasco, mantendo a Francia e Portugal en alerta. Temos recoñecidas 14 fugas, (e aparecerán máis) na boca do inferno, das que o fuel sairá, salvo que alguén faga algo por remedialo a razón de 125 toneladas por día ata o ano 2006. No suposto caso de que consigamos taponar tódalas fugas antes de que o fuel saia por si mesmo (algunhas delas xa o están pola labor do batiscafo Nautile, encargado do exploramento e reparación dos restos do Prestige), debemos centrar todo o noso esforzo na rexeneración das nosas costas , tendo en conta que será un proceso lento (neste mesmo caso estivo a costa do País de Gales hai sete anos e aínda non se pode escarbar na area sen atopar ouro negro coma se fose unha mina). Tamén debemos ter en conta, pola experiencia noutras partes do planeta, que o resto do barco afundido a tan poucas millas da costa pode causar problemas no futuro, dado que estos pecios teñen sustancias contaminantes en potencia que poden ser liberados a medida que o barco se degrade. Neste tipo de contaminantes entrarían os hidrocarburos que usaba o navío como combustible, ou calquer "resto" de fuel que quede, por exemplo, no Prestige. Un caso parecido sucedeu nas costas de EEUU, no que un barco afundido liberaba periódicamente parte da súa carga de fuel pesado, provocando, neste silencio co que se achega ás veces a morte, a desaparición de máis de 2.000 aves nos últimos 10 anos.
A primeria marea colleunos de sorpresa, na segunda gañamos terreo impedindo que entrase nas Rías Baixas, na terceira somos quen de sacalo fuel da auga das praias a tinas...De momento, temos conseguido salvar algunhas zonas gracias ó esforzo de centos de persoas que loitaron con tódolos rescursos das súas mans para impedi-lo avance da marea. Pero isto non é unha batalla ganada: é unha tregua. O vento e as correntes volverán a arremeter de novo contra as nosas costas e alguén debería facer algo por impedir que as ondas cheguen de novo ás nosas praias cargadas de inferno. Mentres tanto, dende tódolos recunchos de Galicia temos unha esixencia que debe ser escoitada:
NUNCA MÁIS
IDDHRA :
iddhra@terra.es

IMAXES: Clicka sobre a palabra foto , para visualizar as imaxes.


- Foto 1 (Vista dunha das calas da " Pedra do Sal " ) (17-11-02)

- Foto 2 (Mostra de fuel na praia "Pedra do Sal" en Baldaio) (17-11-02)

- Foto 3 (Muro de contención , na ponte da entrada da ría de Baldaio) (17-11-02)

- Foto 4 (Vista da praia de Razo) (17-11-02)

- Foto 5 (Praia de Razo) (17-11-02)

- Foto 6 (Monte Branco ,concello de Ponteceso,protexido por barreiras)(06-12-02)

- Foto 7 (Vista da praia de Caión , no concello de A Laracha) (06-12-02)

- Foto 8 (Praia de Caión) (06-12-02)

- Foto 9 (Labores de limpeza na praia de Barrañán ,en Arteixo) (06-12-02)

- Foto 10 (Vista dunha zona da praia de Barrañán , en Arteixo) (06-12-02)

Descarga este impresionante TESTIMONIO , para saber , o que en realidade pasa na Costa da Morte , e que intereses se moven.

 

ARTICULO PUBLICADO NA REVISTA "INTERVIU" (12-05-03)

El rey del chapapote

Dice que la basura del ‘Prestige’ no le sirve para nada, pero
ya ha facturado centenares de miles de euros por su
tratamiento. Epifanio Campo es dueño de Protección
Medioambiental y socio de Sogarisa, dos de las plantas que más
chapapote acumulan en Galicia y, a la vez, hermano de un
alcalde gallego del PP y amigo de José Cuiña y de Mariano
Rajoy. Con el chapapote que ha crecido en sus terrenos ha
crecido también su influencia.

Texto: Andrés Sánchez
Fotos: Ramón Mourelle

En las afueras del pueblo de Laracha (A Coruña), en grandes
balsas excavadas en la tierra arcillosa, 18.000 toneladas de
líquido negro y viscoso se almacenan al aire libre, dándole al
terreno, antes verde, aspecto espectral. Es el chapapote del
Prestige. A esos lagos negros ha ido parar fuel, agua salada,
arena, plásticos, rastrillos, restos de la tremenda batalla
contra la contaminación que se libra en la costa gallega. Las
balsas están llenas a rebosar, y las lluvias frecuentes de la
zona hacen correr escorrentías negras y contaminantes que se
van monte abajo sin ningún control.

Este lugar es el imperio de Epifanio Campo. De la arcilla de
este paraje saca Campo el material para su principal empresa,
la ladrillera Cerámica Campo Sáez. En el mismo polígono tienen
también su sede otras empresas del grupo Epifanio Campo, S.L.:
Sociedad Galega de Recuperación de Neumáticos, Puente Lendo,
Pretensados Campo... y Protección Medioambiental (PMA),
dedicada al reciclado de residuos industriales. Este perfil
empresarial ha hecho de Epifanio Campo el rey del chapapote.
“Bueno, bueno, no tanto –dice quitándole importancia–. A
Laracha vino sólo el chapapote recogido en la primera fase
tras lo del Prestige, pero ya hace tiempo que no recibo
chapapote”.

La primera fase fue la de los primeros dramáticos días del
desastre, un par de meses en los que de día, de noche y de
madrugada llegaban camiones de negro veneno a las canteras de
arcilla; hasta 200 transportes en un solo día. En febrero dejó
de recibir; ya no cabía más fuel. A partir de entonces, el
chapapote que se recoge va a parar mayoritariamente a
Sogarisa, una gran planta de reciclado en As Somozas (A
Coruña), que en marzo pasado ya había acumulado 24.000
toneladas de chapapote. Pero es que en Sogarisa también tiene
parte Epifanio Campo. El accionista mayoritario es Aguas de
Barcelona, con un 49 por ciento, pero Campo tiene un 14 de
forma directa y, además, participa en una sociedad, Macovit,
que a su vez también tiene un 25.

Poco chapapote escapa al control de este empresario, que
insiste en que acumula la basura negra desinteresadamente:
“Este chapapote no me sirve para nada. Es una emulsión: un 80
por ciento de agua y un 20 por ciento de fuel. Al principio,
cuando venía con arena, lo inertizamos con arcilla y, en
cantidades pequeñas, fuimos haciendo ladrillos inertes que no
valen para la construcción”. Epifanio Campo cuenta que él se
puso a almacenar chapapote “por ayudar a Galicia. Cuando yo me
ofrecí para acoger el primer chapapote, hablé con todos los
partidos políticos, el PP, el PSOE, el Bloque, porque ya sabe
usted cómo es esto. Les dije: «Yo dejo el terreno, no cobro
nada». Lo único que quiero es que traten el chapapote y se lo
lleven”.

Nada, nada, lo que se dice nada, tampoco. Campo reconoce que
tras mes y medio en que estuvo recibiendo chapapote, ha
cobrado a la empresa pública Tragsa, que se encarga de la
limpieza de la costa, a 30 euros por tonelada. “Pero eso
también se hizo así cuando lo del ‘Mar Egeo’, ¿eh? Con el
chapapote del ‘Prestige’ sólo he facturado la primera fase,
cuando podíamos tratar los residuos. Pero luego empezaron a
llegar ya camiones que traían de todo, plásticos, rastrillos,
palas, ropa, fuel mezclado con agua, y eso ya no sirve para
nada, es pura basura, y la tengo ahí sin cobrar nada por el
almacenamiento, porque es una forma de ayudar a Galicia. Está
ahí a la espera de que Medio Ambiente de la Xunta decida lo
que corresponda”.

Por el almacenamiento no cobra; por el resto de conceptos sí:
a 30 euros cada una de las 18.000 toneladas de chapapote que
le llegaron en los primeros momentos... y 391.333 euros
cobrados en dos facturas a Tragsa por fabricación de tochos de
ladrillo para relleno de pistas, tratamiento de residuos de
hidrocarburos, tratamiento de arenas contaminadas con fuel y
el trabajo de sus operarios en fines de semana y festivos. “No
voy a decir que he perdido dinero –se explica Campo–. Ha
perdido sobre todo Galicia, hemos perdido todos. Yo tengo mi
mina de arcilla inutilizada en parte. Es mi aportación.”

Infracciones ecológicas
De momento, las toneladas de residuos inservibles que quedan
en las tierras de Epifanio Campo no tienen destino oficial.
Unas grúas recogen el fuel que, con el tiempo, se decanta del
agua en las grandes balsas. Ese fuel se envía a la planta de
Repsol en A Coruña para que lo aproveche. El resto está a la
espera de una decisión de la Xunta.

Epifanio Campo se reunió con los partidos políticos para
advertirles de que él acogería mucho chapapote y curarse en
salud de futuras críticas, pero la terapia no ha funcionado.
En la izquierda gallega no se explican cómo se ha podido
confiar la gestión de tanto chapapote proveniente de la mayor
catástrofe ecológica de la historia de Galicia a un empresario
tres veces sancionado por infracción medioambiental. Miguel
Cortizo, catedrático de biología y portavoz socialista en el
Parlamento gallego, es el más crítico. Este diputado, en una
intervención parlamentaria, describió a Epifanio Campo como
“un señor que recibe subvenciones por recoger aceites usados
–14 millones de litros anuales– que luego usa como combustible
para sus plantas de cerámica”. Según Cortizo, las
infracciones, que consideró graves, “quedaron en multas
simbólicas”.

El 2 de noviembre de 2000 les cayó la primera sanción a las
empresas de Campo. Fue a Epifanio Campo, S.A., por “depósito
incontrolado de residuos de la fabricación de asfalto”. La
Xunta la consideró “infracción administrativa grave”. La
multa: 100.001 pesetas. El mismo 2 de noviembre, a Cerámicas
Campo se le abrió expediente por “vertido incontrolado de
aceites minerales usados”. La multa, a pesar de la gravedad:
100.000 pesetas. El 30 de noviembre la sancionada fue PMA, por
infracción grave de la Ley de Residuos. La multa: 1.000.001
pesetas, a pesar de que un caso tan serio podía haber supuesto
la retirada de la autorización para gestionar residuos.

El pleno del Ayuntamiento de Laracha, además, denunció en
julio de 2000 unos vertidos en el barrio de Estramil que
contaminaron tierras y aguas de pozos que usaban los vecinos,
pero diez votos del PP contra seis de la oposición
neutralizaron las sanciones. “Aquello es una ‘zona cero’ –dice
Cortizo–. Recogimos tierras en la maleza y las hice analizar;
tenían compuestos metálicos. Con la excusa de que el terreno
es arcilloso y poco permeable, allí se arroja de todo, y va a
parar a los acuíferos”.

El 27 de noviembre pasado, el concejal socialista de Laracha
José Suárez propuso en el pleno una urgente investigación
sobre los riesgos de los vertidos del Prestige que llegaban al
pueblo. La mayoría de votos del PP cerró el camino.

Epifanio Campo procede de Puente Domingo Flórez, pequeño
pueblo de León donde su familia vivía de la explotación de la
pizarra. Siguiendo la estela de un tío suyo emigrado a
Galicia, Epifanio se convirtió en lo que hoy es, captador y
reciclador de residuos industriales y empresario influyente:
no sale mal parado de las denuncias del Seprona y la oposición
en el Parlamento de Galicia y en el Ayuntamiento de Laracha, y
es, a la vez, un hombre bien relacionado con el poder. “Yo soy
empresario, y no he estado ni estaré en política –explica
Campo–, pero, como todos, los empresarios tenemos que vivir, y
vivir con todo el mundo”.

Epifanio es hermano de Antonio Campo, alcalde por el PP de
Ortigueira (A Coruña). El PSOE describe a este empresario como
amigo de Fraga; él lo desmiente: “¿Si yo soy amigo de Fraga?
No lo sé, usted lo sabrá. Si amistad es que vaya a su casa,
que conozca a su familia, pues no soy amigo de Fraga. Pero
Galicia es un país pequeño. Todo el mundo tiene relación con
todo el mundo, como la tengo con don Francisco Vázquez el
alcalde socialista de A Coruña, al que conoce desde niño por
la relación que tenían sus familias], o con José Manuel Beiras
el líder del BNG], o con Fernando González Laxe ex presidente
socialista de la Xunta], o con Emilio Pérez Touriño”
secretario general del PSG-PSOE].

Una relación más íntima tiene con el defenestrado delfín de
Fraga, José Cuiña, durante decenios factótum de la política
gallega, y con el vicepresidente primero del Gobierno, Mariano
Rajoy. Con ambos tiene una amistad cimentada en los veranos en
que han coincidido de vacaciones en Vilalonga (zona costera de
Sanxenxo), donde Epifanio, Cuiña y Rajoy tienen casa de
vacaciones. Los tres han coincidido en jornadas de estío en el
bello paraje de San Vicente do Mar, junto a Sanxenxo. “Soy
amigo de Cuiña, no lo voy a negar –explica Campo–, y de Rajoy,
que sabe que tengo casa en Sanxenxo y que allí me crié, pero
no me considero ideológicamente de ningún partido”.

Situación de caciquismo
Proclama Epifanio Campo su apoliticismo, pero no se lo creen
en la oposición de Ortigueira, el pueblo donde gobierna su
hermano, ni tampoco en la de Laracha, gobernada por el PP,
donde permanecen los nombres de la plaza del Generalísimo
Franco y de la calle Carrero Blanco. “Aquí vivimos en una de
esas situaciones del caciquismo franquista heredadas por el
PP. Epifanio es el que manda en el término municipal sin
ocupar cargo alguno”, dice el edil socialista José Suárez,
preocupado porque el nuevo plan de Ordenación Urbana prevé la
calificación de un polígono de tres millones de metros
cuadrados para uso industrial. Las fincas están fronterizas
con las empresas de Epifanio Campo, y, en la zona
recalificable, muchas fincas son, según Suárez, propiedad de
él. “Estamos en un desamparo absoluto”, denuncia la concejala
del BNG Dolores Oviedo, que se lamenta de que la oposición,
pese a que ha protestado el Valedor do Pobo Galego, sólo puede
hacer 18 preguntas al año en el pleno, “lo que no significa
que las contesten. Hay cuestiones tabú, como si van a poner
filtros en la chimenea de la fábrica de Campo”.

De Laracha fue alcalde Jesús Rama Becerra entre 1987 y 1999.
También trabajó, hasta 1992, y a pesar de ser alcalde, en
Cerámicas Campo, S.A., y Epifanio Campo, S.A. Insólito: el
alcalde del pueblo trabajando para el principal empresario del
lugar. Un hijo de Rama fue también concejal y, a la vez,
empleado de Epifanio. Y también el funcionario y tesorero del
Ayuntamiento de Laracha Ricardo Álvarez Rey, que aún hoy
aparece en el Registro Mercantil como apoderado de Epifanio
Campo, S.L., y de Cerámica Campo Sáez desde 1991.

Hoy Rama Becerra es un jubilado de 72 años. Ocupa un cargo de
“asesor general” del Ayuntamiento. Para la oposición, es el
hombre de Epifanio Campo en la política local. A la entrada
del Ayuntamiento hay una gran losa recordando a Rama como
alcalde; él mismo la hizo colocar allí. En las plantas primera
y segunda de la casa consistorial sendas placas recuerdan que
Rama Becerra las inauguró. Y hay también letreros
conmemorativos en las fuentes públicas del pueblo. La memoria
de Rama está asegurada para la posteridad. La de Epifanio
Campo, no tanto. Es un hombre más discreto.

 

 

<< página anterior          pasa página >>

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

© Tiochucho & Company - Tódolos Dereitos Reservados. Resolución 1024x640 - Actualización: Agosto 2006