Agregar a favoritos                  

   

Tiochucho

· ¿Quen é?
· Chucherías
· Cursos Intensivos
· Colaboracións
· El Gran TEST. a3
· Traductor de Idiomas
· Dicionario
· Dominios (Compra/Venta)
· Descarga POWER POINTS

Tropa de Esponxiformes

· Acta Fundacional
· Historias da Tropa
· Rutas da Tropa
· Fotomatóns
· CAnSADOS
· ALBUM de Fotos

A-Laracha

· Principal
· Descripción Xeográfica
· Aspectos Históricos
· Información Turistica
· Como Chegar
· Aloxamentos
· Restaurantes/Cafés
· Festividades
· Tempo de Lecer
· Deportes
· Empresas
· Praias do Concello
· Teléfonos do Concello
· Noticias de A Laracha
· ... por parroquias
· Sitios de Interese
· Cultural
· De movida

· Encuesta de A Laracha

· Servicio Información
· Links
· WEBCAM
· Tablón de anuncios
· TURISMO RURAL
· Teléfonos de Interés
· Colaborar ou Suxerir
· FORO: a-laracha.com
· Ver Libro Visitas
· Firmar Libro Visitas

Ocio e entretenemento

· BAJATE tu SOFTWARE
· Catálogos de Móviles
· Logos Móviles
· SMS Móviles
· Amigos e Relacións
· Telebuzóns
· Para Adultos (XXX)
· Para Adultos (light)
· KomoMola

Programación de los cines gallegos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Apuntes y Trabajos

 

 

 

Canción del MAMUT

 A Coruña Virtual

 Speakeasy Speed Test

 

Descrición Xeográfica

 

Superficie: 126,3 km²
Poboación: 10800 Habitantes
Parroquias:
Cabovilaño (San Román) , Caión (Santa María do Socorro) , Coiro (San Xián) , Erboedo (Santa María) , Golmar (San Bieito) , Lemaio (Santa Mariña) , Lendo (San Xián) , Lestón (San Martiño) , Montemaior (Santa María Madanela) , Soandres (San Pedro) , Soutullo (Santa María) , Torás (Santa María) , Vilaño (Santiago)

 

O concello da Laracha está situado no sector oriental da comarca de Bergantiños, en contacto coa área metropolitana da Coruña. Foi moitas veces e segue a ser unha alternativa de desconxestión á que apuntaron diferentes proxectos de expansión urbana. Como centro comarcal mantén estreita relación co centro urbano de Carballo e coa comarca de Bergantiños, á que pertence. Coa Coruña ten comunicación pola estrada C-552 e pola autovía A-55.
Os contrastes da paisaxe non son moi fortes e entre as elevacións da Serra de Montemaior e o pequeno tramo costeiro de Caión, esténdese un val por onde discorre o río Anllóns, que lle dá unidade a toda a comarca.
Os seus 126,3 quilómetros cadrados abranguen trece parroquias.
O relevo desta zona non ofrece gran variedade. Ao sur a Serra de Montemaior, que forma parte da meseta de Santa Comba e no centro o val de Anllóns, que constitúe a zona de maior desenvolvemento socio-económico do concello. Á fertilidade das súas terras, antigamente consideradas un dos celeiros de Galicia que lle deron sona ao pan de Carballo, engádese a riqueza das súas arxilas, obxecto dunha próspera explotación industrial. Ao norte están os montes de Lendo, onde aínda quedan restos da antiga minaría do wolframio e que chegan ao mesmo océano nun fermoso cantil onde está a Atalaia en Caión, coa única praia do concello.
Tanto a disposición do relevo coma a altitude favorecen unha certa variación microclimática, como ocorre no curso alto do Anllóns. A vexetación orixinaria sufriu un forte retroceso tras as repoboacións de piñeiros e eucaliptos.

 

volver


 

Aspectos Históricos

Mosteiro de Soandres (século XII)

 

Os importantes achados prehistóricos, así como de mámoas e castros, entre os que sobresae o de Monteclaros, explican un intenso e antigo poboamento.
Da presenza romana, ademais de diversos tramos e vestixios da 'Via Per Loca Maritima', consérvase no mosteiro de Soandres unha antiga inscrición hoxe desaparecida, que aludía a un templo adicado a Hércules Jónico.
Hai restos prerrománicos na igrexa de Lemaio e románicos en Lendo, recentemente restaurada, ou Soutullo, que se engaden ás desaparecidas torres defensivas de Cillobre, onde queda a pequena capela de San Roque. Un dos señores de Cillobre, Diego das Mariñas, foi capitán Xeral do Reino de Galicia entre 1607 e 1621. Pero, sen dúbida, o mosteiro de Soandres é o referente fundamental na historia da comarca. Fundado no século X como cenobio beneditino, acadou gran importancia durante toda a Idade Media, pasando a depender, entre os séculos XIV-XV de San Martiño Pinario.
Á Idade Moderna corresponden a maioría das igrexas, así coma os pazos de Lemaio, en estado ruinoso; Paradela, en Soandres ou Vilaño. En Caión fundouse o mosteiro agostiño de Santa María do Socorro, no século XVI, que conserva portada renacentista. A casa dos condes de Grajal-Montaos, tamén na praza principal da vila, testemuña o auxe do porto de Caión, fundamentalmente baleeiro, e un dos principais do litoral coruñés.

 

volver


 

Información Turística de A Laracha

Un dos monumentos a destacar é o coñecido mosteiro de San Pedro de Soandres do século XII, que conserva importantes restos románicos, así coma un pequeno claustro. Pode contemplarse no seu interior, unha interesante imaxe en pedra policromada de Santa Marta e tres baldaquinos barrocos.
Destacan as vistas paisaxísticas do val do río Anllóns e o couto de Santa Marta, onde se pode observar a paisaxe dominante dos arredores.
En Caión hai que visitar a torre do Conde da Granxa e os restos do convento dos agostiños.

Arquitectura Relixiosa

ERMIDA DE SAN ROQUE (Ermida)
Lugar das Torres de Cillobre, parroquia de Torás

IGREXA DE SAN PEDRO DE SOANDRES (Igrexa)
Lugar de Vilanova, parroquia de Soandres

IGREXA DE SAN XURXO (Igrexa)
Praza de Caión

IGREXA DE SANTA MARIÑA DE LEMAIO (Igrexa)
Lugar do Grixario, parroquia de Lemaio

MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE SOANDRES (Mosteiro)
Parroquia de Soandres

SANTUARIO DOS MILAGRES (Santuario)
Lugar do Outeiro, parroquia de Caión

 

volver


 

Como Chegar

Este concello incrementou a súa accesibilidade tras as melloras realizadas na C-552, da Coruña a Fisterra, e, sobre todo, coa autovía de Carballo á Coruña, que axuda a desconxestionar un dos treitos máis transitados de Galicia.
Como centro comarcal mantén estreita relación co centro urbano de Carballo e coa comarca de Bergantiños, á que pertence.

 

 

Distancia coas principais cidades por estrada:
-A Coruña: 22 km.
-Ferrol: 64 km.
-Lugo: 105 km.
-Ourense: 145 km.
-Pontevedra: 102 km.
-Santiago de Compostela: 47 km.
-Vigo: 129 km.

 

volver


 

Aloxamentos

Hostal

HOSTAL RESTAURANTE CERQUEIRO
O Cancelo do Medio
A Laracha
981606668

Turismo Rural

Casas de Aldea - Hospedaría
CASA DE MONTEMAIOR
A Fieira - Montemaior
15145 - A Laracha
981608871 / 652574822
www.casademontemaior.com
narcisa.bertoa@casademontemaior.com

 

volver


 

Restaurantes-Cafés

CASA CALVETE
Coiro, 10
15145 - A Laracha
981 605403
Fax: 981 605843

CHURRASQUERIA COPACABANA
Cancel del Medio. San Román
15146 - Laracha
981 606668

CLUB DEL MAR
Estrada, 31
15105 - A Laracha (Caión)
981 604325 - 981604032

FINISTERRE
Praza Eduardo Vila Fano,6
15105 - Caión (A Laracha)
981 604003
resfinis@finisterrae.com

MARISQUERÍA O MUÍÑO
R/. Méndez Núñez, 1
15105 - Caión (A Laracha)
981 604048 - 981604086
Fax: 981 604077

NARDO
Calle José Loureiro 4 .Paiosaco
15145 - Laracha
981 605261

NARDO
José Loureiro, 4 baixo
15145 - A Laracha
981 605261

O CEPO
Campo da Feira, s/n. Paiosaco
15145 - Laracha
981 642058 - 690614714

O´ESTANCO
Avda. Bergantiños, 36-A
15145 - A Laracha
981 605070
Fax: 981 600187

PARRILLADA EL FRANCÉS
Lemaio, 2
15145 - A Laracha
981 643071

 

volver



Festividades

Fonte Milagreira de Santa Margarita (Montemaior)

 

Hai que citar a feira de Paiosaco, que se celebra o primeiro e terceiro domingo de cada mes. Tamén en Paiosaco ten importancia a Festa das Cereixas, o primeiro domingo de xullo.
Na parroquia de Montemaior está o santuario de Santa Margarida, lugar onde se celebra o 20 de xullo unha romaría.
En Soandres é a romaría de Santa Marta o 29 de xullo e na parroquia de Santa María de Torás recuperouse a romaría que leva o seu nome e que ten lugar o 16 de agosto. Outra festa de renome é a dos Milagres, preto do núcleo de Caión, que ten lugar en setembro. Aquí reúnense moitos visitantes e curiosos.

Festas (Calendario)

SAN XULIAN
Data: 7de xaneiro
Tipo de festa: Parroquial
Descrición:
No mes de xaneiro a parroquia de Lendo honra a San Xulián , festividade que tamén se celebra na parroquia de Coiro.

 

SAN ISIDRO
Data: sobre o 15 de maio
Tipo de festa: Parroquial
Descrición:
A finais dos anos noventa , o Concello de A Laracha recuperou a tradicional festa de San Isidro Labrador , patrón dos labradores , que se celebra o 15 de maio , salvo que non coincida en domingo. Entón se pasa o seguinte.

 

SAN PEDRO
Data: 29 e 30 de xuño
Tipo de festa: Parroquial
Descrición:
O monasterio de San Pedro de Soandres vive os seus días grandes os días 29 e 30 de xuño , datas nas que os veciños honran tamén ó Santísimo Sacramento.

 

SAN BIEITO
Data: 11 de xullo
Tipo de festa: Parroquial
Descrición:
O día 11 de xullo celebrase nesta parroquia de Golmar o San Bieito , que da o chupinazo de saída a unhas festas de recoñecido nome dentro do Concello, sobre todo polas grandes verbenas que se desenrolan os días 11 , 12 e 13 de xullo. Mencionar tamén o venres seguinte o 30 de Novembro , data na que ésta parroquia honra a San Andrés , (dentro das poucas festas que se celebran no inverno) , cabe destacar a famosa "Festa dos Rixóns de Golmar" , que por suposto debido as máis que probables condicións climatóloxicas adversas , celebrase dentro de unha gran carpa.

 

NOSA SEÑORA DO CARMEN
Data: sobre o 16 de xullo
Tipo de festa: Parroquial
Descrición:
Todos ós 16 de xullo , si coincide en sábado ou domingo, (senón sería ó sábado seguinte) do porto de Caión sae a tradicional procesión marítima. Unha estampa única.

 

SANTA MARGARITA
Data: 20 de xullo
Tipo de festa: Romaxe
Descrición:
A igrexa de Montemaior convirtese nun fervedeiro de xente todos os 20 de xullo. O esceario , a famosa carballeira e a sua fonte milagreira.

 

SANTA MARTA
Data: 29 de xullo
Tipo de festa: Romaxe
Descrición:
Tamén é milagrosa a auga que nace na fonte de Soandres , donde todos os 29 de xullo se celebra a popular romaría.

 

SAN RAMON
Data: último fin de semana de agosto
Tipo de festa: Parroquial
Descrición:
A parroquia de Cabovilaño honra o seu patrón ó último fin de semana do mes de agosto.

 

OS MILAGRES DE CAIÓN
Data: 8 de setembro
Tipo de festa: Romaxe
Descrición:
É unha das romarías máis famosas de toda a bisbarra de Bergantiños e celébrase no santuario do século pasado que ten o mesmo nome ca romaxe. A virxe vai en procesión até a ermida e logo das ofrendas os romeiros beben e mollan os seus panos nunha fonte do lugar, que segundo din, ten poderes curativos.

 

 

volver


Tempo de Lecer

Paseo da Praia Fluvial de Gabenlle

 

Na parroquia de Caión, fermosa vila mariñeira, hai unha praia á que acoden os veraneantes pola tranquilidade que alí hai.
Na Laracha capital hai, tamén, un lugar coñecido como praia fluvial de Gabenlle, cun gran campo con instalacións de grellas, mesas e bancos.

Praia Fluvial de Gabenlle (clickar para ver imaxes)

 

Indicacións para pasear por A Laracha - (Turismo dende ó interior ata a costa)

Este concello conta con un rico patrimonio histórico , paisaxistico i etnográfico.

As festas de Santa María de Torás son unha boa excusa para acercarse a este concello , que extende os seus límites dende os fondos valles regados polo río Anllóns ata a costa á que se abre a través da vila mariñeira de Caión. A continuación , ofrecemosche as claves para coñecer a sua riqueza histórica , natural e folclórica dende o interior ata a costa.

Próximos ó núcleo urbano , á esquerda da carretera en dirección a A Coruña , encontranse os vestixios das Torres de Cillobre. Na actualidade , sólo se poden ver as ruínas de unha vivenda que formaba parte do conxunto señorial. Levantadas no século XV baixo o señorío de Gómez Pérez das Mariñas , pronto foron herdados polo seu criado Fernán Pérez Parragués ao contraer matrimonio coa sua filla Constanza. O recordo deste señorío desaparecido conservase hoxe a través da capela de San Roque. Este pequeno recinto foi recuperado a partir da iniciativa levada a cabo polos veciños en 1993.

 

Rastros Primitivos

Ademais dos vestixios medievais , en A Laracha podese rastrear a huella do home primitivo a partir da presencia de castros. Con un total de once recintos catalogados , son o de Montesclaros (Vilaño) e Santa Baia , ubicado no monte do mesmo nome , dous bos exemplos da impronta da cultura castrexa por terras larachesas.

Entre carreteras sinuosas que se adentran ó interior e rural concello de A Laracha destaca , como xolla da coroa , o monasterio de Soandres. Coñecido como O Convento , éste recinto eclesiástico foi , dende o século XI , a representación benedictina máis importante das terras de Bergantiños. A importancia deste monacato aínda se presinte hoxe ó acercarse os seus muros , que desvelan unha austeridad que se descubre nos detalles a fábrica gótica. A pesares das múltiples reformas que o paso do tempo trouxo consigo , a sua orixe románico aínda se pode adiviñar hoxe.

 

Pola veira do río

Entre vestixios de unha pedra que recorda un pasado vinculado á nobleza e o clero , a orillas da vena fluvial que representan as augas do Anllóns , agachanse arquitecturas que falan de unha cultura xa perdida , a da molienda. Un paseo seguindo o curso do río permite descubrir exemplos de unha arquitectura que , na actualidade , está sendo recuperada. A sua posta en valor permite non sólo a recuperación de unha forma de traballo , senón tamén un exercicio de conciencia e compromiso co pasado. Esta ruta polos muiños pódese escomenzar na área recreativa de Gabenlle , seguindo a carretera que leva hacia Coiro. A sua tarima de madeira permite disfrutar de un longo paseo donde a sombra e o continuo discurrir das augas convirtense en compañeiros da ruta. Este paseo permite ver a recuperación dos muiños como o do Formigueiro ou o Tarrulo. Unha mesma tipoloxía , pero con diferente nome , son os muiños das Fervenzas e a Forxa.

Casa Rectoral de Golmar (Museo dos Muiños)

Para comprender todo este rico patrimonio fluvial , nada mellor que unha exposición permanente , donde se recollerán as aptitudes destas arquitecturas. Esta acción está encomendada á "Rectoral de Golmar" , que aglutinará a misión de explicar as características destes edificios. Así , a parte inferior do edificio aproveitarase para dispoñer un batán i explicar o seu mecanismo de funcionamiento. Outra sala estará adicada á historia do edificio, i en unha terceira explicarase o funcionamento e características dos diferentes tipos de muiños.

 

Tocando o mar

Este concello extende os seus límites ata o mar. A vila de Caión é a porta pola que entran os aires salinos do océano. No verán , convirtese en un fervedeiro de xentes que , de fora e de localidades próximas , enchen os seus arenais , paseos e ruas.

O casco histórico de esta vila encerra un pasado vinculado coa pesca da balea . O seu crecemento é o resultado das angostas ruas que desembocan na sua plaza Vila Fano. No centro do pobo , coa fonte como organizadora do espazo , levantaronse fai case catro séculos a igrexa renacentista de Nosa Señora do Socorro , o convento dos Agustinos e o Pazo dos Condes de Graxal , ameazado pola ruína e a salitre do mar. A estampa desta vila converxe coas suas tres praias , as de Arnela , Caracoleiro e Salseiras , sin dúbida o reclamo turístico máis distinguido do concello de A Laracha.

 

Teatro, música e danza

BANDA DE GAITAS DE A. C. SANTA Mª DE TORÁS- LARACHA (1995)
Alberto Lopez Souto
López Astray 84, baixo
15145 - A Laracha
Tfno:981 605 254/ 609 709 813
dsastre@teleline.es

A. C. SANTA Mª DE TORÁS - LARACHA (1982)
Alberto López Souto
Rúa López Astray 84, baixo
15145 - A Laracha
Tfno:981 605 254/ 609 709 813
D-sastre@teleline.es

ROCK - ZËNZAR (1987)
Manolo García Sánchez
Rúa Vilariño 7. Soandres
15145 - A Laracha
Tfno:981 681 400

PANDERETEIROS DA A. C. SANTA Mª DE TORÁS-LARACHA (1995)
Alberto López Souto
López Astray 84, baixo
15145 - A Laracha
Tfno:981 605 254/ 629 430 125
D-sastre@teleline.es

 

volver



Deportes

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

 

FÚTBOL

futbol laracha

3ª División G-I
Laracha C.F.


1ª Rexional G-I
U.D. Paiosaco-H. Añón

-----------------------------------------------------------------------------------------

12 Abril - 2008

Bombonera, Campión do Torneo de Copa de Fútbol Sala Senior

O conxunto de Bombonera proclamouse este venres campión do torneo de Copa de Fútbol Sala Senior do Concello da Laracha tras impoñerse na final a Corporal Expression por 2-1 nun encontro moi disputado.

Tralo partido tivo lugar o acto de entrega dos trofeos dos campionatos de liga e de copa, que foron entregados polo alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e pola Concelleira de Ensino, Cultura, Deportes e Mocidade, Patricia Bello.

Os premiados foron:

- Campión de Copa 2008: BOMBONERA

- Subcampión de Copa 2008: CORPORAL EXPRESSION

- Campión da Liga de 1ª División: REVESTIMENTOS NORDÉS

- Subcampión da Liga de 1ª División: PINTURAS MILAGROSA J. BRANDÓN

- 3º Clasificado da Liga de 1ª División: BOMBONERA

- Porteiro Menos Batido en 1ª División: FRAN (P. MILAGROSA J. BRANDÓN)

- Máximo Goleador en 1ª División: CARLOS (BOMBONERA, 25 GOLES)

- Premio á Deportividade na 1ª División: P. MILAGROSA J. BRANDÓN

- Campión da Liga de 2ª División: CORPORAL EXPRESSION

- Subcampión da Liga de 2ª División: O ESTANCO SAN ROMÁN

- 3º Clasificado da Liga de 2ª División: CASTROMÓVIL

- Porteiro Menos Batido en 2ª División: PABLO PICHEL (C. EXPRESSION)

- Máximo Goleador en 2ª División: MARCOS PENSADO (C. EXPRESSION, 35 GOLES)

- Premio á Deportividade na 2ª División: PUB D´ANTON



ASCENDEN A PRIMEIRA DIVISIÓN:

- Corporal Expression
- O Estanco de San Román
- Castromóvil


DESCENDEN A SEGUNDA DIVISIÓN:

- Sp. Koes
- Café Milagre
- Don Ordenador

 

 

 

volver


Empresas

Construción

CONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS INDUSTRIAIS
CONSTRUCCIÓNS ESMORIS, S.L.
O Regado - Cabovilaño, 12
15145 - Cabovilaño
981 605061

CONSTRUCIÓN EN XERAL
RAMOS BERTOA PROMOCIONES, S.L.
Campo da Ínsua
679 186359

CONSTRUCIÓNS PESADAS
CONSTRUCCIONES CRESPO BARROS, S.L.
Avda. Bergantiños, 26 (Paiosaco)
15145 - A Laracha
981 605470 / Fax: 981 605316

CONTRATISTAS XERAIS
CONSTRUCCIONES MELCHOR BARREIRO, S.L.
Coiro - Muíños, s/n
15145 - A Laracha
981 606372


CONSTRUCCIÓNS PALLAS VARELA, S.L.
Feal - Cabovilaño
15145 - A Laracha
981 605555

FONTANARÍA, CALEFACCIÓN E AIRE ACONDICIONADO
AGASCAL, S.L.
A Laracha
981 695439

Detallistas

ELECTRODOMÉSTICOS
JELOE
Avda. Caión, 10
A Laracha
981 605079

ESTACIÓNS DE SERVIZO E GASOLINEIRAS
ESTACIÓN DE SERVICIO SAN MARCOS, S.L.
Lugar do Cancelo de Abaixo
15146 - A Laracha
981 606846 / Fax: 981 605014

FERRAXARÍA
FERRETERÍA FONTENOVA
Avda. Dr. López Astray, 24 izq.
15145 - A Laracha
981 606128

MOBLES
ESTABLECIMIENTOS CAMBÓN, S.L.
Carballo, 2
15145 - A Laracha
981 605327 / Fax: 981 612723
www.circulomob.es
cambon@circulomob.es

TENDAS DE COMESTIBLES
COSTA OUTÓN, S.L.
Coruña, 7
15145 - A Laracha
981 606187


Fabricantes

ALIMENTOS PREPARADOS PARA ANIMAIS SC
PIGARCRE S.L
Campo da Feira, (Paiosaco)
15145 - A Laracha
981 605022 / Fax: 981 606824

BALDOSAS E AZULEXOS
CERÁMICA CAMPO, S.A.
Parroquia de Lendo
15145 - A Laracha
981 605053 / Fax: 981 605606

FORMIGÓN PREPARADO
HORMIGONES LARACHA, S.L.
Lugar de Fofelle
15145 - A Laracha
981 605447 / Fax: 981 605559

LADRILLOS E TELLAS ESTRUTURAIS
EPIFANIO CAMPO, S.A.
Parroquia de Lendo
15145 - A Laracha
981 605053 / Fax: 981 605606

PREFABRICADOS DE FORMIGÓN
PRETENSADOS CAMPO, S.A.
Parroquia de San Román, (Cabovilaño)
15146 - A Laracha
981 605053 / Fax: 981 605606

PRODUTOS FABRICADOS DE TÉXTILES SC
CONFECCIONES LÓPEZ VÁZQUEZ, S.L.
Rúa Coruña - 1ª Travesía, 2
15145 - A Laracha


Almacenistas

CARNES E PRODUTOS CÁRNICOS
CÁRNICAS VISTA ALEGRE, S.L.
Lugar de Vista Alegre (Soandres)
15145 - A Laracha
981 606806 / Fax: 981 606806

CEREAIS (GRANS)
CULTRIAGO, S.L.
Av. Finisterre, 119
15145 - A Laracha
981 606179 / Fax: 981 642143

COMESTIBLES E PRODUTOS RELACIONADOS SC
BEBIFRES, S.L.
Paiosaco - Campo da Feira, 39
15145 - A Laracha

GANDO
VICAR CARNES, S.L.
Lugar de Vista Alegre
15145 - A Laracha
981 606806 / Fax: 981 606806

PEIXES E MARISCOS
MARENOR
Carmen, s/n
Caión - A Laracha
981 604150 / Fax: 981 604175


MARISCOS NOROESTE, S.A.
O Carme (Caión)
15105 - A Laracha
981 604150 / Fax: 981 604175


Servizos

BARES E CAFETARÍAS
ASTERIA CAFÉ
Paseo Marítimo
Caión
981 604133


BAR PLAZA
Plaza Eduardo Vila Fano
Caión
981 604193


CAFÉ BAR LEBORÍS
Caión
981 604022


CAFÉ BAR ZARRA
Puerto
Caión
981 604108

COMESTIBLES EN XERAL
SÚPER MARINA
Caión
981 604128

REPARACIÓNS DE AUTOMOCIÓN EN XERAL
CASTROMÓVIL, S.L.
Lugar de Paiosaco - Rañeiras
15145 - A Laracha
981 606572

RESTAURANTES
MESÓN A TABERNA
Sta. Margarida, 17
A Laracha
981 630870


PARRILLADA BEIRAMAR
Avda. Méndez Núñez, s/n
15105 - Caión
981 604190


RESTAURANTE MARISQUERÍA O MUÍÑO
Méndez Núñez, 1
Caión
981 604048


RESTAURANTE O MESÓN
Plaza Eduardo Vila Fano, 10 - bajo
15105 - Caión
981 604274

SERVIZOS SC
PROTECCIÓN MEDIO AMBIENTAL, S.L.
Lugar de Lendo
15145 - A Laracha
981 606952 / Fax: 981 606952
pma.lendo@teleline.es


Transportes, comunicacións e servizos públicos


ESCAVACIÓNS E CEMENTOS
TRANSPORTES E ESCAVACIÓNS ESMORIS, S.L.
Regado - Cabovilaño
15145 - Cabovilaño
981 605126 / Fax: 981 605126

Varios

MADEIRAS E CHAPAS
MADEIRAS AÑÓN
San Román
981 605065


MADEIRAS RODRÍGUEZ
15145 - San Román de Cabovilaño
981 606857 / Fax: 981 605862

PIROTECNIA
ARTEFOGO
Os Canedos
15145 - Vilaño
981 190141 / Fax: 981 190142

 

volver


Praias do Concello de A Laracha (Caión)

ARNELA

Lonxitude: 30 m. Ancho: 5 m.
Nivel de ocupación: Baixo
Nivel de urbanización: Urbana

Composición das augas: Area
Porto deportivo próximo: A Coruña

Hospital máis próximo: C. H. JUAN CANALEJO-MARÍTIMO DE OZA
Estrada Das Xubias, 84
A Coruña
981 17 80 00
25 Km.
Cor da area: Branca

Condicións do baño: Ondada moderada
Gran da area: Fino



SALSEIRAS

Lonxitude: 750 m. Ancho: 0-35 m.
Nivel de ocupación: Alto
Nivel de urbanización: Urbana

Composición das augas: Area
Porto deportivo próximo: A Coruña

Hospital máis próximo: C. H. JUAN CANALEJO-MARÍTIMO DE OZA
Estrada Das Xubias, 84
A Coruña
981 17 80 00
25 Km.
Cor da area: Branca

Condicións do baño: Praia resgardada. Ondada forte
Gran da area: Fino

 

CARACOLEIRO

 

 

 

volver


Teléfonos de Interese

Policía Local: 981 60 50 01
Garda Civil: 981 60 50 09
Urxencias médicas: 061
Urxencias xerais: 112


DATOS DO CONCELLO
Concello da Laracha
Praza do Xeneralísimo, s/n. Toras
15145 - A Laracha
981 60 50 01
Fax: 981 60 63 31
www.concellolaracha.com

CENTROS DE SAÚDE
CONSULTORIO MÉDICO MUNICIPAL
SANTA CATALINA, S/N
15145 - A Laracha
981 60 54 34
CONSULTORIO MÉDICO MUNICIPAL. CLÍNICA ISM
PRAZA EDUARDO VILA, 3. CAIÓN
15105 - A Laracha
981 60 40 33


FARMACIAS
ASTRAY TROCHE - BELO ASTRAY,VALENTINA - OLGA
Santa Lucía 1
15145 A Laracha
981 605 591 - Fax: 981 605 591

PIÑÓN LABRADOR,Mª DEL ROSARIO
Praza de Vila Fano 3, Caión
15105 A Laracha
981 604 012

VILLANUEVA NIEVES,CELIA
Avenida de Fisterra s/n
15145 A Laracha
981 605 358 - Fax: 981 605 358

ASOCIACIÓNS

ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA DE LARACHA
R/ Santa Lucía , Edificio Santo Domingo II, 2ºD
15145 - A Laracha
981 606 153

COFRADÍA DE PESCADORES DE CAIÓN
Praza de Eduardo Vila e Fano 1, Caión
15339 - A Laracha
981 604 005 - Fax: 981 604 005
l.caion@sipgalicia.org

ASOCIACIÓN JUVENIL ERBOLETO
R/ Fontenla 20, Erboredo
15142 - A Laracha

ASOCIACIÓN JUVENIL XUVENTUDES DO CONCELLO DA LARACHA
R/ Lista 6, Lendo
15145 - A Laracha

 

 

Guía Local de A Laracha (clicka)

 

 

volver

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 

<< página anterior             pasa página >>

© Tiochucho & Company - Tódolos Dereitos Reservados. Resolución 800x600 - Actualización: Agosto 2006