Agregar a favoritos                  

   

Tiochucho

· ¿Quen é?
· Chucherías
· Cursos Intensivos
· Colaboracións
· El Gran TEST. a3       
· Traxedia Prestige       

Tropa de Esponxiformes

· Acta Fundacional
· Historias da Tropa
· Rutas da Tropa
· Fotomatóns
· CAnSADOS
· ALBUM de Fotos        

A-Laracha

· Principal
· ... por parroquias
· Sitios de Interese
· Cultural
· De movida

· Encuesta de A Laracha

· Servicio Información
· Links
· WEBCAM
· Tablón de anuncios
· Suxerencias
· FORO de a-laracha       
· Ver Libro Visitas
· Firmar Libro Visitas

Ocio e entretenemento

· BAJATE tu SOFTWARE
· Logos Móviles
· SMS Móviles
· Amigos e Relacións
· Telebuzóns
· Para Adultos (XXX)
· Para Adultos (light)
· KomoMola

 

 

CONCELLO DA LARACHA

Introducción Xeográfica

O municipio da Laracha ocupa a parte oriental da comarca de Bergantiños,estendéndose de norte a sur dende a pequena península de Caión ata as terras altas de Soandres e Montemaior, no reborde da meseta de Ordes. Pola súa superficie, 126 km. cadrados, é un dos máis extensos da comarca, despois de Carballo e Coristanco.

O seu territorio repártese en trece parroquias:Cabovilaño, Caión, Coiro, Erboedo, Golmar, Lemaio, Lendo, Lestón, Montemaior, Soandres, Soutullo, Torás e Vilaño. A parroquia de Soandres, a máis extensa de Bergantiños, e a de Montemaior, ocupan case a metade do seu territorio.

O relevo do municipio é variado en el podemos diferenciar varias unidades. A primeira delas corresponde ás terras altas do sur,formada polos rebordes da meseta de Ordes que a xeito de escaleira descende cara ó val do Anllóns. Estas terras amesetadas,formadas por granito porfídico, acadan unha altitude entre os 400 e 500 metros, superada nalgunhas elevacións como o coto de Pedrouzo (518 m.),Coto de Casaslongas (549 m.) ou a Pedra da Cabra (553 m.).A segunda unidade constitúea o val do río Anllóns cos seus afluentes, que discorre nesta zona sobre xistos pertecentes ó complexo de Ordes. O val vaise abrindo a medida que avanza cara ó occidente, nel sitúanse a maior parte dos núcleos de poboación e as terras máis fértiles. Nesta parte o río recibe pequenos afluentes. Pola banda esquerda o máis importante é o Acheiro, que recolle as augas da serra de Montemaior, e vai paralelo ó Anllóns, formando un val pechado. Pola parte dereita o Vilán é o máis salientable.

Unha terceira unidade do relevo está formada polas pequenas elevacións que delimitan o val do Anllóns pola súa banda dereita, e que seguen unha liña paralela á costa. Comezan estas na serra de Santa Leocadia ( 410 m.), e continúan por Monteagudo ( 226 m.) e alto de Lendo (305 m.). Preto deste atópase a cunca de Lendo, unha pequena depresión terciaria, asociada a unha falla, formada por estractos de arxila, areíscas e lignito.

Por último, temos o pequeño treito costeiro que ten este concello, que se estende dende a Enseada de Lourido ata a Pedra Furada. No centro sobresae a península de Caión, na que se asenta a vila do mesmo nome.

As terras do municipio larachés participan dun clima oceánico, con pequenas variacións entre as terras litorais e o val do Anllóns, de temperaturas máis suaves, cunha media anual arredor dos 12°C; e as terras máis elevadas de Soandres e Montemaior, algo máis frías e con maior risco de xeadas. As precipitacións anuais achéganse ós 1500 mm.

A vexetación autóctona foi substituída por especies de repoboación: piñeiros e eucaliptos. Os bosques ocupan un tercio da superficie total do concello. As pequenas manchas de bosque autóctono de carballo, castiñeiros, abeneiros e bidueiros, aparecen no val do Anllóns. Nas terras máis altas, a vexetación arbórea está substituída por toxeiras

O concello da Laracha con 10.791 (1996), ocupa o segundo lugar dentro da comarca polo número de habitantes. Sen embargo, a súa densidade de poboación é de 86 hab./km. cadrado, máis baixa que a media comarcal. Esta poboación está desigualmente repartida polo territorio. A maior concentración sitúase no val do Anllóns e ó longo da estrada comarcal 552, onde se ubican os dos núcleos principais: A Laracha, capital do concello e Paiosaco. Na zona costeira está a pequena vila de Caión.

Nas zonas altas, o hábitat é máis disperso. A Laracha conta con 336 núcleos de poboación, o que representa máis do 30% do total que hai na comarca ( Nogueira, 1998: 145).

O reparto da poboación foi evolucionando co paso do tempo. A principios de século, Soandres e Montemaior, eran as dúas parroquias máis poboadas; sen embargo, a partir de 1960 o seu número de habitantes descende de xeito considerable, igual que lle pasou as parroquias máis afastadas da capital municipal, e da principal vía de comunicación. Tan só Torás e Caión, onde se atopan os dous núcleos máis importantes, aumentaron o seu número de habitantes a partir desa década ( Ibidem: 147 ).

A emigración e a caída da natalidade son as dúas causas de regresión poboacional deste concello, que acadou en 1960 o seu máximo número de habitantes.


Evolución da poboación de feito do concello da Laracha:


1900 - 1910 - 1920 - 1930 - 1940

7.993 - 8.382 - 8.574 - 10.039 - 11.459

----------------------------------------------

1950 - 1960 - 1970 - 1981 - 1991

12.213 - 12.708 - 10.898 - 10.857 - 10.119

O concello da Laracha tivo unha grande tradición agrícola e gandeira, pero na actualidade este sector ocupa menos da cuarta parte da poboación activa. Antiguamente as terras baixas do Anllóns producían abundante trigo, millo, patacas, fabas, hortalizas e froitas; productos que se comercializaban na concurrida feira de Paiosaco ( Carré Aldao, ca 1928-VI-.3°: 174 ). Nos últimos anos o sistema de cultivos variou. O cultivo do trigo case desapareceu , sendo substituído pr plantas forraxeiras, destinadas a alimentar a cabana gandeira bovina. O sector forestal tamén acada unha relativa importancia.


O sector secundario ocupa a metade da poboación activa municipal, incluíndo nel o subsector da construcción, que se ve moi favorecido pola proximidade deste concello á cidade da Coruña. O desenvolvemento industrial do municipio é baixo. As dúas industrias de maior relevancia son Céramicas Campo e a fábrica de pensos de Paiosaco.


O sector servicios concéntrase sobretodo na capital municipal e nos dous núcleos de maior poboación: Paiosaco e Caión. Os habitantes deste concello manteñen unha estreita relación coa cidade da Coruña, favorecida pola construcción da autovía A-55.



<< página anterior             pasa página >>

   

 

Tiochucho & Company Tódolos Dereitos Reservados Resolución 800x600 Última Actualización Agosto 2002