Ya a la venta
el primer reproductor DVD con soporte de MPEG-4
(DivX - XviD)
Concello
da Laracha
Concello
pertenecente á comarca de Bergantiños, provincia da Coruña, cunha superficie total
aproximada de 1262,3 km., e unha poboación en torno aos 10.500 habitantes. Está formado
por trece parroquias, nas que despuntan tres pequenas urbes, A Laracha 979 hab.), Caión
(748 hab.) e Paiosaco (383 hab.), todas e las sen perder o carácter rural que predomin en
todo o concello, sendo os lugares pequenos e as aldeas espalladas, a forma de poboamento
maioritaria.
Situación
O
Concello da Laracha é o termo municipal situado máis ao leste da Comarca de
Bergantiños. Dista tan só 11 km. de Carballo, capital comarcal, ca que linda ao oeste, e
22 km. da Coruña. Precisamente a
estrada c-525, eixo de comunicación e vertebración do concello, une as dudas capitais, a
provincial e a comarcal, atravesando ao seu paso os lugares de Paiosaco, A Laracha e San
Román, camiño de Fisterra.
Se a
estrada é vital para a comunicación cos territorios colindantes, o río Anllóns non o
é menos como unidade cos demáis concellos da Comarca, pois é aquí onde nace, en
Soandres, ao pé do Monte Pedrouzo. Xunto co río destacamos como relevos máis
sobresaintes, os vales polos que discorre, abranguendo as 13 parroquias que conforman a
concello (Cabovilaño, Caión, Coiro, Erboedo, Golmar, Lemaio, Lestón, Montemaior,
Soandres, Soutullo, Torás e Vilaño) e a serra de Montemaior, que dá nome a unha das
parroquias.
Accesos
Ademáis
de polaxa indicada estrada c-525, que atravesa o concello de leste a oeste, á Laracha
podemos chegar polo Sul, dende Compostela (59 km.) pasando por Ordes (32 km.), e accedendo
pola Silva (13 km.); ou dende Cerceda pola estrada de Meirama (18 km.).
Xeograficamente
é ...
... un
concello de paisaxes variados, onde alternan as zoas forestais, pinos e eucaliptos que
paseniñamente sustituen á vexetación autóctona, coas ricas terras de labradío e
pradeiras dos vales. Precisamente estes vales de leito ao Anllóns, dende o seu nacemento
ata as aproximidades de Carballo. O seu relevo é polo tanto, en claro descenso cara o
leste dende Soandres (Pedrouzos, 521 km.) ata Cabovilaño (150 m.), e tamén cara o mar de
Sul a Norde, dende Montemaior (media de 400 m.) ata Caión (ao nivel do mar).
A
variedade xeolóxica é evidentemente, se decimos que a carón da Serra de Montemaior, de
natureza granítica, se atopa o val do Anllóns, de natureza equistosa, e que nos tamén
graníticos montes de Lendo, tempos atrás, existiu unha mina de wolfram, e non moi lonxe
dalí na Barreira de Lendo, hoxe en día, se extraen arxilas para elaborar productos
cerámicos para a construcción.
O clima
é lixeiramente diferenciado entre a zoa costeira, con temperaturas máis cálidas e menor
humidades, e a zoa interior da serra de Montemaior, próxima a Cerceda, onde descenden
lixeiramente as temperaturas e aumentan as precipitacións.
Breve
reseña histórica
A
presencia de numerosas medorras e castros (moito de les aínda por protexer e sen
catalogar) espallados por todas a xeografía larachesa, dan conta do poboadas que nalgún
tempo deberon ser estas terras. Da presencia romana ademáis dos diversos tramos e
vestixios (entre eles un miliario da "Via Per Loca Marítima A Coruña -
Fisterra", atopado en Vilaño), conservábase no mosterio de Soandres uhna antigua
inscripción, hoxe desaparecida, que aludía a un templo dedicado a Hércules Jónico.
O
mosteiro de Soandres considerado como a referencia histórica máis destacada para toda a
comarca de Bergantiños foi fundado no século X, e como cenóbio benedictino, alcanzou
gran importancia durante a Idade Media, pasando posteriormente a depender de San Martiño
Pinario (S. XIV-XV). Ten planta basilical e ábsides e ventanais góticos, ademáis dun
pequeño claustro. No seu interior pode contemplarse uhna imaxe policromada de Santa Marta
e tres baldiquiños barrocos.
Tamén,
existen uns capiteis prerománicos na igrexa de Lamaio, que fan de pía da auga bendita á
entrada da igrexa, e restos do románico en Lendo, e en Soutullo. Admáis, existiu en
Cillobre unha fortaleza defensiva, cuias torres despareceron, e da que actualmente tan xó
se conserva a ermida de San Roque, e un portalón blasonado que foi trasladado a Oca. Un
dos señores de Cillobre, Diego das Mariñas, foi Capitán Xeral do Reino de Galicia,
entre 1607-1621. Na praza de Caión, atopánse a igrexa de Santa María do Socorro e Casa
dos condes de Graxal, esta última cunha porta baixo arco de medio punto cuns escudos nos
que vagamente se pode apreciar as armas dos Bermúdez de Castro, a quenes pertenceu, como
señores da xurisdición de Montaos.
Pero son
sen dúbida, os cruceiros, as cruces de pedra das encrucilladas, as construccións de
pedra máis numerosas no concella larachés. Son sobre todo obras sinxelas e tradicionais
que sinalan cruces de camiños, indican a proximidade de capelas ou igrexas ou recordan
promesas feitas en pedra. (Cruceiro dos Milagres, Cruceiro de Lamaio, Cruceiro do Convento
de Soandres).
Festas
e romarías
Entre as máis recoñecidas destacan a dos Milagres preto do núcleo
de Caión que se celebra o 8 de Setembro, a que acuden moitos visitantes
e curiosos. Outra é a de Santa Marta en Soandres que ten lugar no
mes de Xulio; e a de Santa Margarida de Montemaior que se celebra
na carballeira a carón da igrexa, tamén no mes de Xulio. A carón
delas están as fontes milagreiras. Tamén existe a Festa das Cereixas
en Paiosaco o primeiro domingo do mesmo mes, coincidindo coa feira
que alí se celebra, a que se achega xente de todos os lugares do
entorno.