Agregar a favoritos    

   

Tio Chucho

· ¿Quen é?
· Chucherías
· Cursos Intensivos
· Colaboracións

        

Tropa de Esponxiformes

· Acta Fundacional
· Historias da Tropa
· Rutas da Tropa
· Fotomatóns
· CAnSADOS

        

A-Laracha

· Principal
· ... por parroquias
· Sitios da Interese
· Cultural
· De movida

  

· Links
· Tablón de anuncios
· Suxerencias
· Ver Libro Visitas
· Firmar Libro Visitas

 

    No banco de reunións da zona das 6:00, na Estrella Ghaliçia d´A Coruña, a 28 de Xaneiro do 2001, reuníron-se os señores:

          - O Patriarca e os seus discípulos, Ió, Tú, Él, e Uns poucos máis, maiores de idade, con pouco sentidinho, actuando en nome própio, todos baixo o síndrome da hepatopatia ezponxiforme en avanzado estado de maduración, a efeitos de construir unha Tropa Festeira.

    Para a mellor orde da sesón, decide-se por maioria que presida a mesma O Patriarca e actue como secretário, o discípulo Ió.

    A continuaçión, os reunidos formulamos a proposta de construir unha Tropa Festeira, que estará decarallada na Laracha e que terá como obxetivos: defende-lo humano direito de non pasar sede, divulga-lo consumo de Agua Bendita, en preferéncia do país, e recuperar os saudáveis costumes de antano, de cando en avançado estado de embriaghés se picaba detrás das silveiras. Facemos constar expresamente que esta fin é a que nos move para criar tal tropa.

    Inmediatamente, os reunidos examinamos un texto de Estatutos que, pasamos a discutir.

    E tras unha breve deliberazón, por unanimidade adóptanse os seguintes acordos:

:· Primero: Constituir na localidade da Laracha unha Tropa Festeira que se chamará: "TROPA D@s ESPONXIFORMES" e que terá como fins os anteriormente descritos.

:· Segundo: Elaborar a Acta Fundacional Constituinte, as votaçións ao Copeteo na Laracha, a primeira entrega por fascículos fascinantes de Consellos alcolísticos, e o informe Fenómenos Paranormais para pedir axuda urxente a tódolos entendidos na materia (absténhanse espabilados sabeotodo).

:· Terceiro: Remitir, via correu luotrónico, a presente Acta Fundacional e demais documentos (votacçións, consellos alcolísticos e fenómenos paranormais) ás distintas tropas que pululan pola Laracha e cuios fins e obxetivos semellan aos nosos, dises Sportin Koes, ...

:· Cuarto: Facultar a O Patriarca para que, en nome e representazón de todos, sucreva os escritos e realice cuantas xestóns sexan precisas ou convenientes ao seu xuízo (a verdá é que nos fiamos de cualquera), para obter das autoridades competentes a inscrizón de Tropa, e notificar as tropas indicadas no apartado segundo, que xa somos unha realidade (xa o eramos pero aghora, leghal total).

E non existindo máis asuntos para tratar, levanta-se a sesón, da que se extende a presente acta fundacional, que é erutada en sinal de aprobazón, por todos os asistentes. (O eruto, ou roto, para mais informaçión, ten certo a cebada fermentada, ouséase, cervexa).

                                                                           Erutada:

                                                                                Booourrrr

       

pasa página >>

Tiochucho & Company Tódolos Dereitos Reservados Resolución 800x600 Última Actualización Abril 2002